Pouta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 89.7.243.125 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Etiqueta: Reversión
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 20:
[[Ficheiro:Cat claw closeup.jpg|miniatura|250px|Primeiro plano dunha garra dun [[gato]].]]
 
Os [[félidos]] —con algunhas excepcións, especialmente os guepardos (''[[Acinonyx jubatus]]''), o gato tourónde cabeza plana (''[[Prionailurus planiceps]]'') e o gato pescador (''[[Prionailurus viverrinus]]'')— caracterízanse por posuíren poutas retráctiles.
 
En estado de repouso, as poutas permanecen aloxadas nunha vaíña ou funda de [[tecido epitelial]] entre os [[dedo]]s; a forma das [[falanxe (ósos)|falanxes]] medial e distal, e a excepcional resistencia do [[ligamento]] elástico dorsal, permiten aos félidos moverse con soltura e flexionar libremente a [[articulación do pulso]] e os dedos sen que por iso a garra abandone a súa posición de repouso. É necesaria a contracción dos músculos [[flexor do antebrazo|flexor]] e [[extensor do antebrazo]] para producir a extensión da gadoupa, utilizada sobre todo para efectuar a [[depredación|presa]] sobre as vítimas.