Monotelismo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Consecuencias: Arranxos varios +cda |
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran |
||
Liña 3:
==O debate==
O
O emperador reaccionou con contundencia e non dubidou en torturar e exiliar ao Papa [[Martiño I]] e en mutilar ao célebre teólogo [[Máximo o Confesor]]. Estes consideraban que o monotelismo supuña cuestionar a plena humanidade do home Xesús e, polo tanto, a plena comuñón entre a divindade do [[Logos]] e o [[corpo humano]] e a [[alma]] humana de Cristo coas súas potencias humanas de [[memoria]], [[entendemento]] e [[vontade]]. Entendían que a integridade de Xesús como home, incluída a súa vontade, formaba parte esencial da fe apostólica transmitida dende un principio polas primeiras testemuñas e que así fora gardada polos [[Pais da Igrexa]]. A querenza popular por estes personaxes en boa parte da cristiandade non fixo máis que reafirmar a división. A cuestión non se arranxou ata a convocatoria do derradeiro concilio ecuménico: [[III Concilio de Constantinopla]] (680-681) onde se retomou a fe nas dúas vontades e se condenou ao papa xa finado [[Honorio I, papa|Honorio]] como herexe.
|