Airbus A330: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios + cda
Beninho (conversa | contribucións)
amplío de en.wiki
Liña 22:
A fuselaxe e ás do A330 son practicamentes idénticas ás do [[Airbus A340|A340]], pero ten diferentes motores. O avión herda o deseño de fuselaxe do [[Airbus A300|A300]], e os mandos e panel de control electrónicos ''[[fly-by-wire]]'' do [[Airbus A320|A320]].
 
== Desenvolvemento ==
 
=== Antecedentes ===
O primeiro avión de pasaxeiros de [[Airbus]], o [[Airbus A300|A300]], foi concibido como unha parte dunha ampla familia de avións comerciais. Perseguinto este obxectivo, a comezos dos anos 70 comezaron os estudos de derivados do A300.<ref>Norris & Wagner 2001, pp. 9-18</ref><ref>Wensveen 2007, p. 63</ref> Antes de introducir o A300, Airbus identificou nove posibles variantes designadas de B1 a B9.<ref>Gunston 2009, p. 183</ref> Unha décima variante, o A300B10, foi concibido en [[1973]] e desenvolvido como o avión de longo alcance [[Airbus A310]].<ref name=":0">Norris & Wagner 2001, pp. 18-19</ref> Airbus entón centrou os seus esforzos en estudios dun avión de corredor único, concibindo unha familia de avións de pasaxeiros posterior coñecida como a familia [[Airbus A320|A320]], o primeiro avión comercial con controis dixitais [[fly-by-wire]]. Durante estes estudios Airbus volveu a centrarse no mercado dos avións de fuselaxe ancha, traballando simultaneamente nos dous proxectos.<ref name=":0" />
 
A mediados dos anos 70 Airbus comezou a desenvolver o A300B9, un derivado máis grande do A300, que finalmente se convertiría no A330. O B9 era esencialmente un A300 alongado coa mesma á e equipado cos motores [[turboventilador]] máis potentes dispoñibles. Dirixíuse á crecente demanda de rutas troncais transcontinentais de alta capacidade e alcance medio.<ref name=":1">Norris & Wagner 2001, pp. 22-23</ref> Ofrecendo o mesmo alcance e carga que o [[McDonnell Douglas DC-10]] pero cun 25% menos de consumo de combustible,<ref name=":1" /> o B9 foi visto como un substituto viable para os trimotores DC-10 e [[Lockheed L-1011 TriStar]].<ref>''Flight International'' 1981, p. 1155</ref> Tamén foi considerado un sucesor de medio rango para o A300.<ref name=":2">Norris & Wagner 2001, p. 23</ref>
 
Ao mesmo tempo, unha versión de 200 asentos e catro motores, o B11 (que finalmente sería o [[Airbus A340|A340]]) tamén estaba sendo desenvolvida.<ref name=":3">Eden 2008, p. 30</ref> O B11 planeouse orixinalmente para tomar o lugar dos avións de fuselaxe estreita [[Boeing 707]] e [[Douglas DC-8]] aínda en uso, pero posteriormente evolucionou cara o obxectivo de substituír aos trirreactores de longo alcance e fuselaxe ancha.<ref name=":2" /> Para diferencialos da serie SA, o B9 e o B11 foron redesignados TA9 e TA11, significando TA "twin aisle" (corredor dobre).<ref name=":3" /> Os custos de desenvolvemento reducíronse ao usar os dous aparellos a mesma fuselaxe e a mesma á, aforrándose uns 500 millóns de dólares. Outro factor forons as distiantas preferencias tanto dentro de Airbus como entre os posibles clientes; os bimotores eran preferidos en [[Norteamérica]], os catrimotores en [[Asia]], e en [[Europa]] os clientes estaban divididos.<ref name=":1" /> Airbus finalmente atopou que os clientes máis potenciais preferían catro motores debido a que non tiñan as restricións de alcance dos bimotorese pola a súa habilidade de ser transportados cun motor inactivo.<ref name=":4">Kingsley-Jones 1997, p. 29</ref> Como resultado priorizouse o desenvolvemento do catrimotor TA11 sobre o TA9.<ref name=":4" />
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Bibliografía ==
 
* {{cite book|editor-last=Eden|editor-first=Paul E.|title=Civil Aircraft Today|publisher=Amber Books, 2008|location=London|isbn=978-1-905704-86-6|ref={{harvid|Eden|2008}}}}
 
* {{cite book|last=Gunston|first=Bill|authorlink=|title=Airbus: The Complete Story|location=Sparkford, Yeovil, Somerset, UK|publisher=Haynes Publishing, 2009|isbn=978-1-84425-585-6|ref={{harvid|Gunston|2009}}|título=|apelidos=|nome=|editorial=|ano=}}
 
* {{Cite journal|title=Airbus A330/A340|work=Flight International|url=http://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1997/1997%20-%202917.html|last=Kingsley-Jones|first=Max|date=4 November 1997|accessdate=26 January 2011|pages=28–30|issn=0161-7370}}
 
* {{cite book|last1=Norris|first1=Guy e Mark Wagner|first2=|last2=|title=Airbus A340 and A330|location=St. Paul, Minnesota|publisher=MBI Publishing, 2001|isbn=0-7603-0889-6|ref={{harvid|Norris|Wagner|2001}}|título=|apelidos=|nome=|editorial=|ano=}}
 
* {{cite book|last=Wensveen|first=J.G.|title=Air Transportation: A Management Perspective|url=https://books.google.com/books?id=Ej8Qslt1nfsC&pg=PA65|location=Burlington, Vermont|publisher=Ashgate Publishing, 2007|isbn=978-0-7546-7171-8|ref={{harvid|Wensveen|2007}}|date=2007-01-01}}
{{Airbus}}
{{commonscat|Airbus A330}}