Faboideae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
extender > estender
Liña 23:
 
== Descrición ==
Son [[árbore]]s, [[arbusto]]s, [[planta rubideira|rubideiras]] leñosas ou [[planta herbácea|herbáceas]] [[Planta perenne|perennes]] ou anuais. As [[folla]]s son, polo xeral, [[Pinnado|pinadas]] ou dixitadas, frecuentemente trifoliadas, algunhas veces unifoliadas e até nulas, mais nunca bipinadas. As [[flor]]es dispóñense en [[acios]]s, [[panícula]]s, [[Capítulo (botánica)|capítulos]] ou [[espiga]]s. Son [[Zigomorfo|zigomorfas]], rara vez [[Actinomorfo|actinomorfas]]. A prefloración é imbricada, rara vez valvar; a prefloración da corola dise ''descendente'': o estandarte é externo, cubrindo os [[pétalo]]s veciños. A [[corola]] é xeralmente con de forma de bolboreta, cos dous pétalos inferiores conniventes ou unidos no ápice, formando a ''quilla'' (ou ''carena''), os dous laterais extendidosestendidos como ''ás'' e o superior ergueito ou reflexo, de maior tamaño, chamado de estandarte. O [[cáliz (botánica)|cáliz]] está formado por 5 [[sépalo]]s soldados entre si e é campanulado ou tubuloso. O [[androceo]] está formado por 10 [[estame]]s, rara vez menos, xeralmente agochados dentro da quilla e atópanse máis ou menos soldados entre si, tipicamente son [[Estame|diadelfos]] (9+1), mais tamén [[Estame|poliadelfos]] ou ceibos. Os [[óvulo]]s son [[campilótropo]]s. As [[semente]]s presentan un [[embrión]] curvado, raramente recto; o fío é de tamaño mediano a grande.<ref name="Watson"/>
 
== Tribos ==