Pobo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
 
Liña 1:
Un '''pobo'''<ref>{{DRAG|pobo}}</ref> é unha pluralidade de [[Persoa|persoaspersoa]]s consideradas en conxunto, como un [[Etnia|grupo étnico]] ou como unha [[nación]]. Colectivamente, por exemplo, os [[Pobo xudeu|xudeus]] moitas veces chámanse "o [[pobo xudeu]]", os [[Pobo xitano|xitanos]] europeos constitúen a maior parte do "pobo romaní", e os [[árabes]] de [[Palestina (rexión)|Palestina]] gañaron o apelativo de "[[pobo palestino]]". Pero, por outra banda, tamén se fala de "[[Estados Unidos de América|pobo estadounidense]]" ou "[[pobo francés]]" como os respectivos corpos de [[Cidadanía|cidadáns]], que son a orixe e razón de ser da [[república]], sen ningunha connotación de tipo étnico.
 
== Na política ==
[[Ficheiro:Eugène Delacroix - La liberté guidant le peuple.jpg|miniatura|200ppx|''[[A Liberdade guiando o pobo]]'' de [[Eugène Delacroix]].]]
En xeral, as [[república]]s gobérnanse, ou proclaman que se gobernan, ''en nome do pobo''. Tanto a [[República Romana]] como o [[Imperio Romano]] tiveron por [[lema]] a expresión latina ''[[SPQR]]'' (''Senatus Populusque Romanus'', "o Senado e o Pobo de Roma"). Este lema quedou fixado, por exemplo, nos estandartes das lexións, e cando os [[emperador]]es chegaron a conseguir o status de [[poder absoluto]], seguiron exercendo a súa autoridade no nome do Senado e do Pobo romanos.
 
Nos estados [[Democracia|democráticos]] modernos, o pobo é o conxunto dos cidadáns, obxecto e destino, e teoricamente tamén suxeito, das políticas do estado. O pobo foi o protagonista da [[Revolución Francesa]] ou, cando menos, dos seus episodios de máis sona. A [[Constitución dos Estados Unidos]] comeza dicindo ''"Nós, o pobo,..."''.
 
Unha [[república popular]] é a denominación máis típica dos [[Sistema unipartidista|estados de partido único]] de ideoloxía [[Marxismo|marxista]], onde os líderes do partido din que gobernan en nome do pobo.
 
O [[populismo]] é outro termo "paraugas" que contén diversas tendencies políticas para explicar que representan o pobo, a miúdo no senso de que serven ó pobo chan en oposición á [[Elitismo|elite]], e malia que os partidos políticos se chaman "partido popular" adoitan ser de tendencia [[Dereita política|conservadora]] e reaccionaria.