Os outros feirantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Contido: Arranxos
m Arranxos varios
Liña 35:
(NOTA: As páxinas sinaladas ao longo da análise do libro corresponden á 9ª edición<ref>{{Cita libro|título=Os outros feirantes|apelidos=Cunqueiro|nome=Álvaro|editorial=Galaxia|ano=1994|ISBN=84-7154-308-7|ref=}}</ref>)
 
1.-(p.&nbsp;11) '''''O cabalo de Alberte Merlo'''''. O cabalo comeza a falar con A. Este múdalle o nome: ''Cheval''. Quere que só fale con el, ata ten celos da muller. Esixe promesa de que só fale con el, ou deixará de falar. Pídello por escrito. A. mesmo pensa nun avogado. Consulta co mestre de [[Muros]]. Faise o papel. Cheval pide que o rexistre. A. aínda segue a dubidar o que fará.
 
2.- (p.&nbsp;14) '''''O enano das burlas'''''. Serxio viu o enano. Este faloulle tatexando e Serxio tamén lle respondeu así, desde entón é tatexo: ''vaia cabronada, el que nunca andara aos tesouros!'' En Corbelle Antolín era tatexo. A menciñeira Jovita cre que se visita o anano tamén lle gastará outra broma, voltándoo normal. Así sucede. O cura da parroquia bota uns latíns de sentenza e ''ese enano o que é, e un coñón''.
 
3.- (p.&nbsp;17) '''''O verdugo da Cañiza'''''. Hai cen anos chegou á [[A Cañiza|Cañiza]] un verdugo con problemas para coller cama. Logo do suceso, conta unha anécdota do viño branco. Sae para Pontevedra. Agustín charla con el: é moi estimado, inventou unha guillotina portátil, a isabelita, en honor de [[Isabel II de España|Isabel II]]. Tamén inventou un nó para axustizar que proba cunha bufanda en Agustín; quédalle a marca da proba.
 
-[[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|20px]][https://www.youtube.com/watch?v=gUGdeJTJNAk&list=PL1_H_bPnDbcvcndYUUf-QagylbN8uykke&index=3/ Adaptación na serie ''Os outros feirantes'' da [[Televisión de Galicia]] ]
 
4.- (p.&nbsp;20) '''''Xosé Liñeiras'''''. Naceu con seis dedos na man dereita e seis no pé esquerdo. Unha tía habaneira dille que iso se herda. Orgulloso deles, móstraos cando lle preguntan. Mesmo un tratante de [[Dacón, Amarante, Maside|Dacón]] lle fala dun porco con catro uñas nun pé. Cre que todos os de seis dedos galegos son familia e deberían facer unha comida. Ata considera parente seu un senador dos [[Estados Unidos de América|EE.UU]]. que ten os seis dedos.
 
5.- (p.&nbsp;23) '''''Marcelino Pardo'''''. O rapaz mexou na cama ata os 12 anos. Os médicos e menciñeiros non o curaban. Un deulle o remedio: tratábase do gatipedro, que para andar se apoiaba nunha enorme lingua con dúas puntas e un corno polo que botaba pingas que facían mexar o durmido. O remedio é botar sal no cuarto. Iso fan e !remedio san¡. Mesmo levará o sal ao servizo militar, por se acaso.
 
6.- (p.&nbsp;26) '''''A tía Remedios'''''. Está no [[Brasil]] e manda ao sobriño de [[Portonovo, Adina, Sanxenxo|Portonovo]] un reloxo de ouro e un fonógrafo. Logo virá ela que foi asistenta de chaveiro dunha condesa. Trae o canciño Napoleón cun axóuxere de ouro que avisaba das visitas etc. A tía que lembra a condesa e o can di que si.
 
7.- (p.&nbsp;29) '''''Unha siria en Ribadeo'''''. O autor contáballe a Carlos animaladas de diferentes pobos como os polacos e o caso de Enver Pachá que mandou botar á caldeira do barco un búlgaro. Un día Carlos tópao en [[Lugo]] e dille que non é certo o dos sirios, que el viu unha en Lugo e era persoa normal. O autor contéstalle engadindo outra animalada que Carlos dubida en crer.
 
8.- (p.&nbsp;32) '''''Louro de Parentes'''''. Se un mouro atopa un tesouro lávao e dille o que pesa. Se acerta, o tesouro ten que seguilo coma un can. Louro anda a lles dicir o peso en libras galegas. Tamén se informa polo cabo da garda civil como son os fillos de Mahoma. Morre coa teima dos tesouros.
 
9.- (p.&nbsp;35) '''''Amadeo de Sabrés'''''. Un día comeza a asubiarlle o paraugas. Logo vanlle asubiando os zapatos e todas as cousas que lle falan con asubíos. Tamén as persoas lle asubían ao lle falaren. Tapa os ouvidos e sente os seus asubíos. Acaba no sanatorio de [[Conxo, Santiago de Compostela|Conxo]].
 
10.- (p.&nbsp;38) '''''Penedo de Silvosa'''''. Xosé Pillado (Penedo de Silvosa) aprendeu para xastre en Zaragoza. Foi voluntario nun batallón para cazar unha fera perigosa, nunha comida ligou cunha cincuentona. Fixera o primeiro pantalón de muller aragonesa. Mataran unha muller, no velorio falou a defunta ''Que me mata el gallego'', pero tratábase dun chulo apelidado Gallego: ''Sae un da súa casiña e volve ou non volve''.
 
11.- (p.&nbsp;41) '''''Freire de Rego'''''. Era moi bo menciñeiro, que todo o curaba con auga, auga de alba, mais tiña un pelo “pelirroxo” que facía desconfiar a algúns. Un parente seu, Segundo, foi servir a El Rei e tivo ocasión de curar a [[Afonso XII de España|Alfonso XII]] con leite de burra para os catarros. A burra foi roubada. Acabaron na familia cun reloxo de prata, galano real.
 
12.- (p.&nbsp;44) '''''Piñeiro e as fontes'''''. Fora curado por Freire de Rego, por iso preguntaba a todo forasteiro polas fontes e calidades delas. Anotaba nunha libretiña. Puga cóntalle que en [[Vic|Vich]]h unha fonte aclara a voz e fai dicir ben a lección de latín; mesmo a un cabalo garañón seu lle cambiou o acento no ornear. Viaxa por Galicia para ver fontes e propiedades.
 
13.- (p.&nbsp;47) '''''A voadora de Serantes'''''. Manuel Páramo viu voar a María de Fontes. Resulta que ela morrera había máis dun ano. Contouno. Voaba sentada nunha banqueta con moitos tronos e vento. El e o Sr. Bastián compraron unhas boas bombas e botáronas cando ela pasaba. Caeu un zapato e 2 pesos, que se volvían falsos só cando os querían cambiar, saían de noite dos petos.
 
14.- (p.&nbsp;50) '''''A orella dereita de Antón de Leivas'''''. Un día no cine dinlle que ten unha orella máis grande. Axiña o cre toda a familia e veciños. Mesmo irá xunto a un menciñeiro. Unha moza descobre que nela se escoita o mar como nunha caracola. É todo un éxito, ata lle serve para conquistar moza e casar. Cobra a tres pesos a sesión de curar doenzas. Un seu cuñado venezolano descobre que son as dúas orellas iguais: ''un caso de sugestión colectiva''.
 
-[[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|20px]][https://www.youtube.com/watch?v=BD-rSgNXVjs&index=1&list=PL1_H_bPnDbcvcndYUUf-QagylbN8uykke/ Adaptación na serie ''Os outros feirantes'' da [[Televisión de Galicia]]]
 
15.- (p.&nbsp;53) '''''Lamego de Mouriz'''''. As sortes e resortes son as predicións feitas en determinados días segundo o tempo. Lamego escoitou a un falar de ''augas nunca vistas'' e fixo todos os preparativos para o inverno como se se fose asolagar. Non pasou nada, pero o diluvio foi en [[Italia]]. Agora ensina unha foto de xornal de [[Florencia]] como proba: puideran facerse ricos previo pago, se avisasen aos italianos.
 
16.- (p.&nbsp;56) '''''Fulxencio Parada'''''. Era de [[Asados, Rianxo|Asados]] e tiña unhas laranxas que consideraba as mellores do mundo e dábaas a probar a todos. No servizo militar en [[Ferrol]] o seu capitán contáballe a historia de [[Pedro I de Castela|Pedro o Cruel]] atribuíndo o episodio de [[Bertrand Du Guesclin|Beltran du Guesclin]] a [[Fernán Peres de Andrade o Boo|Fernán Pérez de Andrade o Bo]]. A frase sonada aplicábaa ás laranxas.
 
17.- (p.&nbsp;59) '''''Hermelina da Ponte'''''. Seu pai quitaba as verrugas con palabras. Estaba empeñado en que as monxas de [[Allariz]] lle prestasen unha pel de dragón. A súa filla Hermelina xa sabía pór inxeccións. Herdou a ciencia do pai mellorada: poñía luares no corpo. Tiña boa clientela portuguesa, sobre todo un cabaleiro. Foi a Ourense e por consello de D. [[Vicente Risco]] fixo unha tarxeta ''H.C.P. proveedora de luares dos Reises de Portugal''.
 
-[[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|20px]][https://www.youtube.com/watch?v=h5Mt0qo1P4U/ Adaptación na serie ''Os outros feirantes'' da [[Televisión de Galicia]] ]
 
18.- (p.&nbsp;63) '''''Felpeto, mariñeiro e músico'''''. Felpeto desembarcou e cría que a mar se ía botar enriba das casas. Lévano ao hospital de [[Conxo, Santiago de Compostela|Conxo]]. Faise amigo dun canteiro de [[Pontevedra]] que fai gaitas e frautas de pedra, pero non soan por falta de burato. Felpeto vai aprendendo solfexo e mesmo se emprega de coidador de tolos. Logo pedirá permiso para desembarcar do Conxo e ir á casa en [[Corme]]. Só fala con notas musicais e morre pronto.
 
19.- (p.&nbsp;65) '''''Rosa Martiño'''''. Aprende de nena cun parente o oficio da reloxaría. Mais a súa nai non permite que sexa reloxeira. Ten que emigrar a [[Buenos Aires|BB.AA]]., onde traballa moi ben na reloxaría dun viúvo. Un brigadier trae un reloxio que non anda e estoupará un ano despois: era un atentado. Rosa casa cun piloto da mercante para volver a non me lembro se esta Rosa Mariño era de [[Betanzos]] ou de [[Noia]]. O marido tamén se mete reloxeiro.
 
20.- (p.&nbsp;68) '''''Ramiro da Barca'''''. Tiña unha barca para pasar xente e cousas, antes do encoro. Seu bisavó contaba unha historia. Chegou un home moi alto que quería pasar a toda a présa. Como o barqueiro quería agardar por uns cabritos, tocou unha trompeta e apareceu un cabalo negro na auga, tamén un coitelo ensanguentado. O barqueiro fixo o sinal da cruz, o cabalo afundiuse nas augas e o home saíu voando. Sería un demo. A trompeta apareceu en [[Triacastela]], poñía ''Made in England''.
 
21.- (p.&nbsp;71) '''''Fuco de Pedrosa'''''. En setembro as aldeás van aos baños. Fuco ten un bigote que deixara por unha asturiana en [[Buenos Aires|BB.AA]]. Esta, Covadonga, tiña cartos e era viúva; fíxose mandona e quería casar axiña. El escondeuse dela. Logo casou cunha tal Benita de [[Monforte de Lemos|Monforte]], coa que se daba ben. O autor lelle historias, como a dos árabes Hind e Muavija (un Califa).
 
22.- (p.&nbsp;74) '''''Félix Lourido'''''. Bo cazador e especialista en lobos. Seguíalles o rastro e como o lobo sempre ten que saír a mexar, era o momento en que el o encaraba, lle ensinaba os dentes, dicíalle ''tate'' e matábao dun tiro. Pero unha vez o lobo non daba saído e sentouse a comer. Apareceulle un lobo vello que o mirou, tamén lle dixo ''tate'' e riuse del. Félix non se atreveu a matalo.
 
23.-(77) '''''Peleteiro da Bouza'''''. Toda a vida andara en preitos cos veciños. Como botaba a casa a perder os fillos prohíbenllo. Pasa os días sentado xunto a unha figueira. Un veciño regálalle un par de galos en pago dun bo consello para un preito. A un lévao o golpe. O outro faise compañeiro inseparable do vello. Dormen xuntos, asente ás sentenzas do vello, cacaréxalle aos antigos contrincantes. O vello morre e o polo acaba no arroz da familia.
 
24.- (p.&nbsp;80) '''''Aurelio e maila xitana'''''. Aurelio vai coller o coche de liña. Aparécelle unha fermosa xitana que lle quere botar a boaventura ou un baile. Non lle fai caso. Ela dille que llo pagará en queixos. Volve á casa dous días despois e a muller cóntalle como uns ratos negros lle comeron 18 queixos. Uns din que foi a xitana, outros que unha moura do tesouro. Agora Aurelio sae de paseo cun peso por se a ve.
 
25.- (p.&nbsp;83) '''Manuel Suárez'''. Pasara anos en [[Portugal]] de axuda de cámara dun vizconde. Alí coñeceu o Arcebispo de [[Braga]] que se burlaba del preguntándolle se fora un dos que roubaran o corpo de San Fructuoso. Tamén coñeceu ao cóengo “tirademoños” de Braga. Este era un bo especialista. Cóntase o caso dos demos que xogaban ao tute dentro dunha moza e caeulles o as de bastos e o sete de ouros polo burato do mexo.
 
26.- (p.&nbsp;86) '''''Roque das Goás'''''. Desde que Vedrines vou por enriba do paso de [[Calais]], Roque comezou a soñar con que inventaba un aparello voador. Tiña os planos perfectos nos soños, pero esquecíaos so espertar. Mesmo foi a [[Santiago de Compostela|Santiago]] ver onde aterrar. Deixou a labranza e dedicouse a soñar. Un día de seitura o fato Pastor topouno a durmir e mirouno fixamente, marchou a grandes saltos. Agora Roque volveu traballar porque Pastor lle roubou os planos coa mirada.
 
-[[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|20px]][https://www.youtube.com/watch?v=theqfAyYLJs&list=PL1_H_bPnDbcvcndYUUf-QagylbN8uykke&index=6/ Adaptación na serie ''Os outros feirantes'' da [[Televisión de Galicia]]]
 
27.- (p.&nbsp;89) '''''Marcelino Salgueiro'''''. Á súa cabeza dálle por xirar a modiño. Cada vez vai a máis e el ten medo de que lle dea unha volta completa e o afogue. Vai a un menciñeiro que lle recomenda curas de espello. Ao non daren moito resultado faise un aparello de bidueiro para a manter no seu sitio. Pode ser un caso único o seu, sabendo que non daba a volta completa case a deixaba xirar e ser famoso. Mais agora a cabeza xa non quere xirar.
28.- (p.&nbsp;92) '''''Lisardo Montes'''''. Lisardo estivo no seminario e cóntalle historias ao Sr. Daniel. Como aquela na que o bispo de [[Lugo (homónimos)|Lugo]] adormecía mentres o barbeiro o afeitaba e lle facía a mofa como un galo. O bispo espertou e colleuno, despediuno. Logo viuno nunha misa e díxolle ''maricón, mellor maricus mariconis''... ''teima tamén a do latín en semellarse ao galego''. Morreu o Lisardo e tamén o bispo con esa palabra latina na boca.
 
29.- (p.&nbsp;96) '''''Braulio Costas'''''. Facía figuras en barro para exvotos da Nosa Señora de [[Amil, Moraña|Amil]]. Tamén lle fixo unha figura á muller cando morreu para levar ao camposanto. Asinaba os exvotos e poñíalles unha recomendación para o santo respectivo.
 
30.- (p.&nbsp;99) '''''Pedro Bravo'''''. Tiña moitos oficios. Coñeceu a unha húngara domadora de pulgas; a xente non llo cría ata que un veterinario lles falou de que vira unha destas domadoras nun circo (gañou un pipo de viño). Tamén traballou en México nunha confeitería, o mellor doce levaba leite de burra e mexo de neno ''éche do máis decente que se fai naquela casa''!.
 
31.- (p.&nbsp;102) '''''Novagildo Andión'''''. Era Leovigildo, pero confundíronse ao asentalo. Tiña un vello autobús para ir ás feiras e ós enterros. Foi aprendendo a cantar nos funerais e a tocar o harmonio de Reverte. Acabou tamén cantando versos e tocando o violín dun cego. Nun San Froilán viu a cinta do [[RMS Titanic|Titanic]], quixo poñela en verso e mesmo se inventou un personaxe.
 
32.- (p.&nbsp;105) '''''Anxeliña de Prado'''''. A. aprendeu a bordar en [[Pontevedra]]. Morreu un curmán dunha cornada e fíxolle un pano con dedicatoria bordada, desde entón especializouse neses panos onde o defunto se despedía de alguén. Mesmo no caso dun que cría na transmigración se puxo ''o caso é volver''.
 
33.- (p.&nbsp;108) '''''O loro das Esmelgas''''' (''esmelgar'' é tirar o mel ás abellas). Un da familia das Esmelgas trouxo un loro brasileiro que dicía moito ''Eu som Café Filho'' (un político). O cura afeccionouse a el e quería aprenderlle latín. No ano [[1921]] o loro púxose mal, o cura quería mandalo a curar a un hospital aragonés. Pero morreu e fixéronlle un bo enterro, Cando cambiaron o camposanto aínda se atopou a lata cos restos do loro que dicía ás mozas ''¡Meu anjo! ¡Meu bem! ¡Eu gosto muito de voçé!''
 
34.- (p.&nbsp;111) '''''Paulino de Botas'''''. Grande cazador, pero os dentes de ouro brillaban ao sol e espantábanlle as perdices. Por iso tapaba os dentes con papel de fumar ''El rey de espadas'' (marca famosa hai anos). Unha perdiz parouse para lle ver os dentes, que había grandes discusións entre as de [[San Fiz de Asma, Chantada|San Fiz]] e [[Asma]] sobre eran de verdade de ouro. Agora antes de matar unha perdiz pregúntalle se quere verlle os dentes. Só a mata se llos despreza. Pero vaise dedicando máis ao coello, coas perdices ten máis intimidade.
 
Este conto foi analizado por [[Rexina Vega]] <ref>{{Cita libro|título=Guías de lectura. Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro|apelidos=Rodríguez Vega|nome=Rexina|editorial=Edicións do Cumio|ano=1992|ISBN=84-87126-50-2|páxina=74-82|ref=}}</ref>.
35.- (p.&nbsp;113) '''''Bastián de Cornide'''''. Vive en [[Barcelona]], imita ben os paxaros e namora unha murciana. Fan proxectos de fabricar pementón en [[Cornide]]. Teñen un fillo que nace cunha mancha coma un pementón na cara. Veñen a Cornide, plantan pementos e ela ata fabrica unha lata de pementón moi celebrada nas patronais.
 
36.- (p.&nbsp;116) '''''Tristán García'''''. Tristán era de [[Viana do Bolo]]. Un tío díxolle que con ese nome coñecía en [[Lisboa]] algúns ricos. No servizo militar en [[León, España|León]] mercou un libro cos amores de [[Tristán e Isolda]]. Desde entón dedicouse a buscar unha Isolda, Soubo dunha viúva en [[Venta de Baños]]. Era churrreira e xa co pelo branco, díxolle que pasara toda a mocidade agardando un Tristán, acabou casando cun Ismael. Deulle un paquete de churros.
 
-[[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|20px]][https://www.youtube.com/watch?v=Y8xHj6rOXyw&index=2&list=PL1_H_bPnDbcvcndYUUf-QagylbN8uykke/ Adaptación na serie ''Os outros feirantes'' da [[Televisión de Galicia]]].
Liña 120:
Este relato foi analizado por [[Chus Nogueira|María Xesús Nogueira]] <ref>{{Cita libro|título=Análise práctica. Os outros feirantes Álvaro Cunqueiro|apelidos=Nogueira|nome=Chus|editorial=Sotelo Blanco|ano=1993|ISBN=84-7824-174-4|ref=}}</ref>
37.- (p.&nbsp;119) '''''Don Felicio escribe dende o outro mundo'''''. Estivera na [[A Habana|Habana]] e conservábase unha foto na que aparecía cunha escribanía. O seu neto político, Manuel, ve unha noite, sesenta anos despois, como a pluma da escribanía quere escribir soa. Fan garda e ven como pon ''SOLADME LOS ZUECOS''. Topan uns zocos vellos que levan a solar. Volve escribir ''GRACIAS'' e deixa unha moeda de ouro de [[Fernando VII]], que o narrador afirma ter visto. Agora os da familia andan descalzos e escoitando o ruído do ouro dun suposto tesouro do vello.
 
38.- (p.&nbsp;122) '''''Padín de Carracedo'''''. Perdeu un ollo por culpa dun ourizo. O oculista recomendoulle un de cristal e deixoulle rebaixado un violeta que fora antollo dunha viúva: ''Vinca pervinca, L. Made in Germany''. Grazas ao ollo casou e o terceiro fillo tivo os ollos cor violeta. Desde entón puxo unha estación de servizo para preñadas que querían fillos cos ollos violetas, sacándolle bos cartos.
 
-[[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|20px]][https://www.youtube.com/watch?v=theqfAyYLJs&list=PL1_H_bPnDbcvcndYUUf-QagylbN8uykke&index=6/ Adaptación na serie ''Os outros feirantes'' da [[Televisión de Galicia]]]
 
39.- (p.&nbsp;127) '''''Xosé Regueira'''''. Tiña dous soños. Nun voaba e caía forte na cama. No outro, cando comía castañas con leite, soñaba cun paraugas e unha muller; espertaba xunto a un charco de auga que mesmo pensaron se sería mexo. Ofreceuse cun exvoto de paraugas a San Cosme. Curou e xa soñou cunha moza coa que casou despois do servizo militar.
 
40.- (p.&nbsp;128) '''''Pechado por defunción'''''. Felipe criárase cunha tía que lle falaba de fadas, logo el soñaba. Ata atopou unha fiestra pola que saía unha fada que poñía tenda con mostrador e todo. Mais un día meteuse pola fiestra un mestre de [[Xove]] e a fada puxo o cartel de ''pechado por defunción''. Quedou triste e logo morreu co tal cartaz no traveseiro.
 
41.- (p.&nbsp;131) '''''O corvo Estanislao'''''. Pepe de Vence considerábase o máis rico do val. Chegou un corvo que lle falou de que estaba a réxime e lle tiña que dar leite, peixe... ou contaba as trasnadas que sabía del. Pepe cumpre o trato pero o corvo vai mirrando e pronto morre. Logo bátao de menos.
 
42.- (p.&nbsp;135) '''''Lomas de Pontigo'''''. De cativo pillárao unha inundación e saíra no berce levado pola auga. Interésase por todo tipo de asolagamentos. Un crego cóntalle que o raposo non quería subir á [[Arca de Noé]]: ''¡Vente, amigo, que hai galiña dentro!-¡Chéirame a can!''
 
43.- (p.&nbsp;138) '''''Cosme de Paredes'''''.- Era albeite (curandeiro de gando, sen título) e medía a febre a carrancha pernas do porco. Escribía a doenza no lombo do animal e mandaba lavalo con xabón oloroso. Mesmo consultou un porco desde a "portela" dun tren, receitoulle bicarbonato, que lle cheiraba o alento.
 
44.- (p.&nbsp;141) '''''Balbina da Furcada'''''. Solteira e corentona, un día puxo un ovo, logo foron vindo outros. Chocounos nunha galiña, saíron pitos que regalaba por moi saborosos. Comezou a ter problemas de conciencia: ''quen a galearía a ela?, estaría o galo dentro dela?'' Morreu a carón do palleiro xunto a un ovo.
 
45.- (p.&nbsp;146) '''''Os do capitán de Lousada'''''. Eran da casa do Capitán e por iso Eufemio tiña a manía metida: daba ordes, falaba de canonazos. Na Coruña mercou unha gorra de capitán, ata durmiu con ela. O fillo irría para capitán, mais o neno finou e a gorra foi no cadaleito.
 
46.- (p.&nbsp;150) '''''Reinaldo Novo'''''. Bo cazador, mesmo corrixía o tempo do Zaragozano. Mordeuno unha lontra e encetóuselle. Sabía que o lobo se tumba no chan nas treboadas, por iso non hai ningún lobo morto de raio. Tamén el un día se deitou ao lado dun lobo nunha tronada.
 
47.- (p.&nbsp;153) '''''Fabián Carballido'''''. Nos nove anos nun S. Froilán un vendedor regaloulle unha noz que lle tirou do nariz, e un pano da orella. A noz turraba por dormir dentro do seu nariz. Nos fríos de Santos quíxose meter dentro, que tiña frío. Pediron un quebranoces ao crego: estaba baleira.
 
48.- (p.&nbsp;156) '''''María a Peneireira'''''. Casara cun peneireiro. Agora estaba viúva e arranxaba cadeiras. Correuse entre a veciñanza que tiña un espello no que vía o que facía a xente. Facía algo de trampa. Cando morreu, a sobriña non topou o espello que a sacaría de traballar. Aínda hoxe se di na miña vila ''Seica cho dixo o espello da Peneireira''.
 
49.- (p.&nbsp;169) '''''O partiquino Ramírez'''''. Logo de doce anos veu de [[Buenos Aires|BB.AA]]. á casa dos tíos. Contou que traballaba de partiquino e o que isto é no teatro. Tamén lles contou varias funcións nas que actuaba. Marchou e uns veciños dixeron que vivía farturentamente cunha comerciante xudía, pero que non lle deixaba probar nin un taco de xamón: ''é moi escrupulosa co seu Xehová.''
 
==Os outros feirantes, parte dunha triloxía==
Liña 163:
Baixo unha aparente heteroxeneidade hai unha unidade non só no libro, senón que transcende a este. Os tres libros son máis realistas que as tres novelas e máis entroncados coa tradición oral. Ademais, tamén no discurso narrativo hai trazos que lle confiren unidade á obra.
==Voces narrativas==
No libro existe un único narrador principal que utiliza a primeira persoa e ao que lle outorga caracteres autobiográficos ''xa contei noutro libro meu que o gatipedro é... '' (p. &nbsp;23); ''eu vivía daquela en San Sebastián'' (p. &nbsp;104), o que pode levar confundir narrador e autor real. O que fai Cunqueiro é xogar coa fráxil fronteira entre fantasía e realidade e utilizar ao mesmo tempo a técnica do conto oral tradicional.
 
A presenza deste narrador evidenciase na utilización do deíctico na fórmula introdutoria de moitos dos relatos, que parece presupor a existencia dun auditorio atento ás palabras do narrador:''E ste Xosé naceu... '' (p. &nbsp;21); ''Este Fulxencio Parada era de [[Asados, Rianxo|Asados]], na veciñanza da ría de [[Arousa]]''.
 
Tamén nas nas auto-correccións: ''Era'' (o canciño Napoleón) ''un lanudo branco, pequeniño, de carta e media de longo, o fuciño azul e os ollos dourados. Vaia, o ollo esquerdo dourado'' (p. &nbsp;27); ''Era conocido'' (Braulio Costas) ''polo cazoleiro, porque o era. Mellor dito, fora, que agora por mor do reuma deixara a roda'' (p. &nbsp;96).
 
Aínda partindo, en teoría, dun ''eu'' que conta todos os relatos, maniféstase de xeitos diferentes: ás veces hai un narrador heterodiexético [[Omnisciencia|omnisciente]] (''A orella dereita de Antón de Leivas''). Agora ben, para facer máis verosímil ese conto ''real'', intenta xustificar toda a información que coñece valéndose de dúas estratexias diferentes: porque llo contaron (conto oral, que se transmite de boca en boca) ou porque foi testemuña, (como co-protagonista ou como personaxe secundaria ou moi secundaria). O narrador omnisciente busca unha limitación (intencionada) a esa omnisciencia, como se pode ver na utilización de expresións de dúbida: ''Un tal Serxio de Muimenta'' (p. &nbsp;14); ''Un tal Segundo Leirado'' (p. &nbsp;43); ''que non sei si era de Melón ou de Quines, ou si de Covelo ou de Ribadavia (p. 17).
 
Pero ademais tamén aparece o autor implícito cando o narrador non se limita a transmitir a historia, senón que se introduce nela con opinións e comentarios valorativos sobre os feitos relatados): '' Si a cousa era certa, era un gran prodixio, e conviría saber o que Freire lle decía á vela. E si había truco ¿de onde o sacaría o Freire de Rego? '' (p. 41); ''O bisabó de Ramiro erre que erre que tiña que agardar polos ca¬britos, e o forasteiro que tiña que pasalo axiña. Si houbese amosado a man cunha propina, supoñamos catro pesetas, o bisabó de Ramiro seguro que o pasaría sin agardar ao parente cos cabritos'' (p. 69).
Liña 286:
 
'''Artificios humorísticos''':
* A sabia mestura do máxico e o real, do cotián co extraordinario: ''...o enano tendendo, pra que lle sequese, despois das humidades pasadas, a capa marela'' (p. &nbsp;16).
* E aínda con maior frecuencia está baseado nas pormenorizacións esaxeradas e/ou innecesarias: ''Mercara na Cruña, nun comercio da rúa de San Andrés, seis pares de calcetíns mui floreados e calados, e eran os que cal¬zaba cando sospeitaba que iba ter que pór de amosa o pe esquerdo. Sempre andaba co pe mui lavado, e ademáis con moito pó de talco aromatizado á lavanda'' (p. &nbsp;20-1).
 
* E aínda con maior frecuencia está baseado nas pormenorizacións esaxeradas e/ou innecesarias: ''Mercara na Cruña, nun comercio da rúa de San Andrés, seis pares de calcetíns mui floreados e calados, e eran os que cal¬zaba cando sospeitaba que iba ter que pór de amosa o pe esquerdo. Sempre andaba co pe mui lavado, e ademáis con moito pó de talco aromatizado á lavanda'' (p. 20-1).
* Xogos de lingua: Marcelino Pardo e as súas ''humidades nocturnas''.
* Elementos de sorpresa: O Cabalo de Alberte Merlo acaba por dicirlle ao marido pola muller, ''dabondo fas con durmir con ela''.
Liña 298 ⟶ 297:
Retrata Cunqueiro unha Galiza tradicional, labrega, de interior. Son personaxes que viven en contacto coa terra, labregos que traballan as súas leiras, prados, coidan o gando, andan ás castañas, cazadores (son moi escasos os que andan á mar: Felpeto mariñeiro e músico). Que teñen as crenzas tradicionais do país: supersticiosos (cren en mouros ou fadas gardadores de tesouros), respectuosos cos mortos, cren na aparición dos espíritos, temen e respectan o lobo, teñen devocións aos santos...
 
* Unha boa parte das historias son relatos de fixacións, obsesións, teimas coas que conviven as distintas xentes: ''E dende entón a súa teima era saber, por si iba alí e enfermaba, as fontes que había en todas as vilas do mundo'' (Piñeiro e as fontes, p. &nbsp;44).
* Algúns posúen unha virtude ou poder especial que —na maioría dos casos— explotan para tirar proveito del: A voadora de Serantes, Lamego de Mouriz (o tempo atmosférico); A orella dereita de Antón de Leivas, Braulio Costas (exvotos de barro), Padín de Carracedo, Cosme de Paredes (veterinario afeccionado), María a Peneireira (o espello que todo o vía)...
* Personaxes con algunha eiva ou malformación estraña: o enano das burlas, Xosé Liñeiras (seis dedos), A orella dereita de Antón de Leivas.