Hattie McDaniel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
esclavo > escravo
Liña 39:
 
== Traxectoria ==
Filla de antigos esclavosescravos, foi a máis nova de trece irmáns. O seu pai, Henry McDaniel, loitou na [[guerra civil americana]] e a súa nai, Susan Holbert, era cantante de música relixiosa. Tras participar no espectáculo do seu irmán Otis, comezou a destacar a partir de 1920, aparecendo no grupo ''Melody Hounds'' do profesor George Morrison. A mediados da década comezou tamén unha carreira como cantante na radio.
 
Tralo crac de 1929 o único traballo que atopou foi o de limpadora e camareira no Club Madrid en [[Milwaukee]]. Alí puido finalmente volver a subir ao escenario. En 1931 marchou aos Ánxeles para reunirse cos seus irmáns Sam, Etta e Orlena, mais só puido traballar como cociñeira e asistenta ata que o programa de radio no que estaba o seu irmán Sam, ''The Optimistic Do-Nut Hour'', a contratou como actriz. Interpretaba a "Hi-Hat Hattie", unha criada mandona que adoita “esquecer o seu sitio”. O programa chegou a ser moi popular, pero o seu salario era tan baixo que tiña que continuar traballando de asistenta.