Eduardo Blanco Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 12:
Blanco Amor, cuxo pai abandonou o fogar cando só tiña tres anos, foi un neno enfermizo que non recibiu unha educación formal, pero que aprendeu pola súa conta lendo xornais. En [[1915]], á idade de dezasete anos, comezou a traballar como secretario de dirección en ''[[El Diario de Orense]]''. Durante esta época frecuentou os faladoiros de [[Vicente Risco]], de quen tamén foi alumno na Escola Normal, figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.
 
En [[1919]] emigrou a [[Buenos Aires]], onde continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración, tomando parte activa na [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales]], fundada en [[1921]], que pretendía aglutinar tódolos inmigrantes galegos e da que chegaría a ser director do seu órgano ''[[El Despertar Gallego (1922)|El Despertar Gallego]]''. No [[1924]] coñece a [[Ramón Suárez Picallo]], que había ser o seu grangrande amigo. En [[1923]] fundou con [[Ramiro Isla Couto]] a revista ''[[Terra (1923)|Terra]]'', en lingua galega. Máis adiante participou tamén noutra publicación galeguista chamada ''[[Céltiga (revista)|Céltiga]]'', da que tamén será director. En [[1926]] entrou a formar parte do diario arxentino ''[[La Nación]]'', onde coñeceu escritores arxentinos como [[Leopoldo Lugones]], [[Borges]], [[Ernesto Sabato]], [[Mallea]] e o uruguaio [[Horacio Quiroga]]. Tamén colaborou con publicacións como ''[[Correo de Galicia (Buenos Aires)|Correo de Galicia]]'' e a ''[[Revista de la Casa de Galicia]]''.
 
En [[1927]] publicou a súa primeira obra, ''Os Nonnatos''. Ao ano seguinte seguiuna o libro de poemas ''Romances gallegos'', encadrado dentro dunha estética modernista cunha forte influencia dos romances casteláns e de [[Luís Amado Carballo]].