Diferenzas entre revisións de «Serra da Enciña da Lastra»

aguia albela
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
(aguia albela)
=== Fauna ===
[[Ficheiro:Egyptian vulture in flight.jpg|miniatura|left220px|O [[voitre branco]] ten no parque o seu único punto regular de nidificación en Galicia]]
A existencia de grandes cortados calcarios, a abundancia de froitos carnosos en espiñeirais, os ambientes agropecuarios ben integrados e, en suma, a elevada diversidade de hábitats nunha área de transición bioclimática son determinantes da existencia da comunidade de aves nidificantes máis rica e senlleira de [[Galicia]], con máis de 100 especies, unha excelente representación de avifauna rupícola e mediterránea no ámbito galego e unha rica comunidade de [[aves rapaces]]. Entre as derradeiras sobresae a presenza de polo menos 21 especies, incluíndo entre as nidificantes (12 especies diúrnas e 6 nocturnas) o [[voitre branco]] (''Neophron percnopterus'') (unha das 2 únicas parellas que crían en Galicia de xeito regular (2007, 2008, 2009)<ref>http://www.seo.org/media/docs/31alimo.pdf {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20111117181543/http://www.seo.org/media/docs/31alimo.pdf |date=17 de novembro de 2011 }} El alimoche común en España acceso 02/01/2012</ref>), a [[aguia real]] (''Aquila chrysaetos'') (1 parella<ref>http://www.seo.org/media/fotos/32_Aguilareal.pdf {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20111117181744/http://www.seo.org/media/fotos/32_Aguilareal.pdf |date=17 de novembro de 2011 }} El águila real en España acceso 02/01/2012</ref>), a [[aguia cobreiraalbela]] (''Circaetus gallicus'') (2-3 parellas), a [[aguia calzada]] (''Hieraaetus pennatus'') (2-3 parellas), o [[falcón peregrino]] (''Falco peregrinus'') (3 parellas), e o [[bufo real]] (Bufo bufo) (1 parella). Tamén se rexistrou a presenza da [[aguia perdigueira]] (''Hieraaetus fasciatus''), moi rara en Galicia. Ademais, entre a avifauna rupícola reprodutora están a [[pomba das rochas]] (''Columba livia'') (maior poboación galega), o [[andoriñón real]] (''Apus melba'') (13 parellas e única poboación no interior de Galicia), a [[andoriña dos penedos]] (''Ptyonoprogne rupestris''), a [[andoriña dáurica]] (''Hirundo daurica''), o [[merlo rubio]] (''Monticola saxatilis''), e o [[merlo solitario|solitario]] (''Monticola solitarius''), o [[corvo]] (''Corvus corax''), a [[gralla pequena]] (''Corvus monedula''), e a [[choia biquivermella]] (''Pyrrhocorax pyrrhocorax'') (10-15 parellas e poboación non reprodutora de máis de 100-150 exemplares, un dos mellores puntos de Galicia), notándose tamén neste mesmo medio a presenza invernal dos pouco comúns [[azulenta alpina]] (''Prunella collaris''), e [[gabeador vermello]] (''Tichodroma muraria''). Hai unha variada mestura de avifauna eurosiberiana e mediterránea, ligada a aciñeirais, soutos, espiñeirais e matogueiras, con numerosas especies de distribución bioxeográfica marxinal, moi localizada ou mesmo única na Comunidade Autónoma, como o [[picanzo cabecirrubio]] (''Lanius senator''), o [[papamoscas cincento]] (''Muscicapa striata''), o [[rabirrubio de testa branca]] (''Phoenicurus phoenicurus''), a [[papuxa carrasqueira]] (''Sylvia cantillans''), a [[papuxa real]] (''Sylvia hortensis''), o [[pardal das rochas]] (''Petronia petronia''), ou o [[bicogroso]] (''Coccothraustes coccothraustes''). Hai un pequeno continxente de aves acuáticas no encoro de Penarrubia, entre as que cabe mencionar, como invernantes, o [[mergullón cristado]] (''Podiceps cristatus''), e o [[pato cristado]] (''Aythya fuligula'').
 
A lista de [[mamífero]]s do parque [[provincia de Ourense|ourensán]] é das máis completas de [[Galicia]], estando confirmada a presenza de 39 especies, aínda que se podería chegar ás 50 cunha prospección máis detallada, segundo se desprende do próximo da área de distribución e dos requirimentos de hábitat dalgúns posibles compoñentes. É ben coñecida e do máximo interese a riqueza da comunidade de [[quiróptero]]s, dos que están presentes polo menos 9 especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galicia, como o [[morcego mediterráneo de ferradura]] (''Rhinolophus euryale''), o [[morcego das ribeiras]] (''Myotis daubentonii''), o [[morcego das covas]] (''Miniopterus schreibersii'') (con importante poboación a nivel estatal), ou o [[morcego rabudo]] (''Tadarida teniotis''). Tamén é destacable a variedade e abundancia de [[carnívoro]]s, entre os que cabe citar o [[gato bravo]] (''Felis sylvestris''), a [[lontra]] (''Lutra lutra''), o [[armiño]] (''Mustela erminea''), o [[teixugo]] (''Meles meles''), o [[Furón bravo|tourón]] (''Mustela putorius''), e a [[garduña]] (''Martes foina''). Menos frecuente é o [[lobo]] (''Canis lupus''), que parece presentarse ocasionalmente na zona. O [[oso pardo europeo|oso pardo]] (''Ursus arctos''), existente polo menos ata o [[século XIX]], visitou novamente estas serras nos últimos anos nalgunhas ocasións. Os grandes [[herbívoro]]s do parque son o [[corzo]] (''Capreolus capreolus''), e o [[xabaril]] (''Sus scrofa''), que acadan boas densidades e ocupan sobre todo os [[aciñeira]]is.
39.453

edicións