Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Desfíxose a edición 4949529 de Breogan2008 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 355:
Paseando por ''Les Rambles'' poden admirarse varios edificios de interese, como o [[Palau de la Virreina]], o mercado de [[La Boqueria]] e o famoso [[Gran Teatre del Liceu]], no que se representan [[ópera]]s e [[ballet]]s. Unha rúa lateral de poucos metros de lonxitude, conduce á [[Plaça Reial]], unha praza con palmeiras e edificios con soportais que albergan cervexarías e restaurantes, e na que se reúnen as fins de semana os coleccionistas de [[Filatelia|selos]] e de [[moeda]]s.
 
O paseo das Rambles termina xunto ao porto antigo, onde a estatua de [[Cristovo Colón]] sinala cara ao mar. A dous pasos atópase o [[Museo Marítimo de Barcelona|Museo Marítimo]], dedicado sobre todo á historia naval no [[Mediterráneo]], e no que se exhibe a reprodución a escala real dunha antiga galera de combate. O museo está situado nos [[Estaleiro naval|estaleiros]] da [[Idade Media]], onde se construían os barcos que navegaban por todo o [[Mediterráneo]]. O porto antigo ofrece outros atractivos, como un centro de lecer, con comercios, restaurantes, un [[cinemacine]] [[IMAX]], e como centro documental, cun acuario da fauna mariña mediterránea (''[[Aquarium de Barcelona|l'Aquàrium]]'').
 
=== Barrio antigo ===
Liña 380:
[[Ficheiro:050529 Barcelona 051.jpg|miniatura|esquerda|O [[Hotel Arts]] (esquerda) e a [[Torre Mapfre]] (dereita).]]O [[Port Olímpic de Barcelona|Porto Olímpico]] foi construído con motivo dos [[Xogos Olímpicos de 1992]], e converteuse nun espazo lúdico con restaurantes, bares de moda e discotecas. Está dentro da [[La Vila Olímpica del Poblenou|Vila Olímpica]], barrio creado como residencia dos deportistas participantes nas Olimpiadas.
 
Cómpre destacar os dous rañaceos inaugurados en [[1992]]: o [[Hotel Arts]] e a [[Torre Mapfre]], que cos seus 154 metros de altura son os [[rañaceos]] máis altos da cidade. Na mesma zona están o [[Parque Zoolóxico de Barcelona|Zoo de Barcelona]], a escultura ''"Peix d'or"'' de [[Frank Gehry]] entre as torres, o [[Gran Casino de Barcelona]] e o [[Hospital del Mar]], que data do [[1905]], así como varios restaurantes, bares, cinemascines e praias.
 
Actualmente a zona é un importante centro turístico e de ocio da capital catalá.