Lingua minorizada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 8:
Do mesmo xeito, a situación de minorización pode ser reversíbel como consecuencia da vontade firme dun pobo e das políticas dos seus gobernos (é o caso do [[lingua finesa|finés]], [[lingua húngara|húngaro]], [[lingua islandesa|islandés]], [[lingua norueguesa|noruegués]], [[lingua polaca|polaco]] e [[lingua checa|checo]], no [[século XX]]). Hai aínda casos de resurrección de linguas, como a recuperación da [[lingua hebrea]] como vehículo de comunicación, dado que quedara reducida aos usos litúrxicos xa en tempos de Xesucristo.
 
=== Lingua minoritaria ===
O concepto de '''[[lingua minoritaria''']] refírese á demografía relativa dun idioma, ás dimensións dunha comunidade lingüística. Aplícase, pois, á lingua dunha comunidade lingüística pequena, en termos xerais ou rexionalmente. Pode haber, pois, linguas minoritarias en situación de oficialidade plena (a [[lingua danesa|danesa]]) e linguas minoritarias minorizadas (o [[lingua galega|galego]] ou o catalán). Se se tomar como referencia para estas dúas últimas o ámbito da Comunidade Autónoma, en vez do estatal, non son linguas minoritarias minorizadas senón maioritarias minorizadas, pois son usadas pola maioría das respectivas poboacións. Tamén, dentro dun ámbito estatal, unha lingua pode estar en situación de minorización, e seguramente en minoría ante o grupo dominante, e, pola contra, á outra banda da fronteira estar en situación de oficialidade plena (é o caso do grupo alemán de [[Alsacia e Lorena]], dentro do Estado [[Francia|francés]]).
 
== Véxase tamén ==