George W. Bush: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 73:
Os primeiros oito meses deste período transcorreron de forma normal. Bush tiña unha maioría exigua, polo que non puido levar a cabo moitas das leis que tiña planeadas, pero o seu apoio popular oscilaba entre o 50% e o 60%.
 
Porén, o [[11 de setembro]] de [[2001]] tivo lugar un [[AtaquesAtentados do 11 de setembro de 2001|atentando contra as Torres Xemelgas e o Pentágono]]. Isto fixo dar un importante xiro á política exterior estadounidense. Ese mesmo día, o Presidente declarou unha [[guerra contra o terrorismo]]; a súa taxa de aprobación ascendeu ata o 90%.
 
Os efectos desta política non se fixeron esperar. O [[8 de outubro]] de [[2001]], Bush creou a ''Office of Homeland Security'' (Oficina da Seguridade Nacional). Unha das principais funcións deste organismo é fixa-lo nivel de alerta nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] (verde-azul-amarelo-laranxa-vermello).