Cefepime: Diferenzas entre revisións

composto químico
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
info recollida da FDA, AEMPS, e libro de antimicrobianos
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de setembro de 2018 ás 00:39

Cefepime é un antibiótico beta-lactámico pertencente á cuarta xeración de cefalosporinas. Foi comercializada baixo o nome de Maxipime.

Cefepime
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Espectro de acción

Cefepime posúe un amplo espectro de actividade, que abrangue[1]:

Bacterias grampositivas

Bacterias gramnegativas

Indicacións clínicas

En España, a Axencia Española de Medicamentos aprobou as seguintes indicacións: infección respiratoria, infección de pel e partes brandas, infección urinaria, infección abdominal, infección xinecolóxica, meninxite bacteriana e neutropenia febril.

Dosificación

Unicamente existe formulación inxectable. A dose oscila entre 1 e 2 gramos cada 8 ou 12 horas. Debe ser axustada en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado menor de 30)[2]. .

Embarazo e lactancia

Cefepime non mostrou danos en modelos animais, pero non existen estudos controlados durante o embarazo (pertence por tanto á categoría B da FDA). Excrétase en pequenas cantidades no leite materno polo que se aconsella precaución no seu emprego[3].

Efectos secundarios

Ademais dos efectos secundarios habituais das cefalosporinas, destaca certa toxicidade neurolóxica (encefalopatía, confusión, mioclonías, convulsións), especialmente en pacientes con insuficiencia renal cando se empregan altas doses.

Notas

  1. "Ficha técnica de cefepime da AEMPS" (PDF) (en Castelán). Consultado o 22 setembro 2018. 
  2. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  3. "Ficha técnica de cefepime da FDA" (PDF) (en inglés). Consultado o 22 setembro 2018.