Invasión soviética de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Campaña militar: +control autoridades using AWB
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-íu > -iu (ditongo)..
Liña 42:
 
=== Negociación do tratado ===
A mediados de marzo de [[1939]], a [[Unión Soviética]], o [[Reino Unido]] e [[Francia]] comezaron a suxerir propostas comerciais e plans con respecto​ a un posible acordo político e militar contra unha potencial agresión alemá. [[Polonia]] non participou nesas conversas, actuando así sobre a crenza de que calquera alineamento polaco coa Unión Soviética podería levar a unha seria reacción xermana. As discusións entre as tres partes centráronse en garantías potenciais aos países do centro e o leste de [[Europa]] que podían ser agredidos por [[Alemaña]]. Os soviéticos non se fiaban da honra dos británicos e os franceses para asinar un acordo de seguridade colectiva, xa que non se moverán contra os fascistas durante a [[guerra civil española]] nin protexeran [[Checoslovaquia]] dos obxectivos expansionistas da [[Alemaña nazi]]. A Unión Soivética tamén sospeitaba que o Reino Unido e Francia poderían manterse á marxe nun potencial conflito entre os soviéticos e os nazis. Como resultado, os soviéticos só buscaron unha alianza militar blindada que garantise apoio contra un ataque ao seu territorio. A Unión Soviética insitíuinsitiu nunha esfera de influencia que fose dende [[Finlandia]] ata [[Romanía]] para que servise de como zona de amortiguamento, e apoio military no case de que outro país atacase a Unión Soviética ou un país da proposta esfera. Tamén insistíuinsistiu no dereito de entrar neses países da súa esfera no caso de que a súa seguridade estivese ameazada. Cando as conversas militares comezaron a mediados de agosto, as negociacións rapidamente quedaron estancadas no tema do paso de tropas soviéticas a través de [[Polonia]] se os alemáns atacaban, e as partes agardaron a que oficiais británicos e franceses presionasen aos polacos para que aceptasen eses termos. Porén, os oficiais polacos rexeitaron permitir ás tropas soviéticas no seu territorio porque crían que unha vez o [[Exército Vermello]] entrase en Polonia nunca marcharía. Os soviéticos suxeriron que os desexos polacos fosen ignorados e que os acordos tripartitos rematarían a pesar das súas obxeccións. Os británicos negáronse a facelo porque crían que iso levaría a que se estableceses unhas fortes relacións entre [[Polonia]] e [[Alemaña]].
[[Ficheiro:Ribbentrop-Molotov.svg|miniatura|275px|División planeada e real de Polonia segundo o pacto Molotov-Ribbentrop]]
Mentres tanto, durante meses oficiais alemáns deron a entender segredamente aos diplomáticos soviéticos que eles poderían ofrecer unhas condicións mellores que os franceses e os británicos no caso de asinar un acordo político. A [[Unión Soviética]] comezou a negociar coa [[Alemaña nazi]] agardando establecer un acordo económico mentres que ao mesmo tempo seguía negociando con Francia e Reino Unido. A finais de xullo e principios de agosto de [[1939]], oficiais soviéticos e alemáns puxéronse de acordo na meirande parte dos detalles para un posible tratado económico, dirixido cara un potencial acordo político. O [[19 de agosto]] de 1939 concluíron o [[acordo comercial xermano-soviético de 1939]], un tratado comercial para o intercambio de materias primas soviéticas a cambio de armas, tecnoloxía militar e maquinaria civil dos alemáns. Dous días despois, os soviéticos suspenderon as conversas militares do tripartito. O [[24 de agosto]], a Unión Soviética e Alemaña asinaron o tratado político e militar que acompañou ao acordo económico, o [[pacto Ribbentrop-Molotov]]. Este pacto foi un acordo mutio de non agresión que contiña protocolos segredos para dividirse os estados do norte e o leste de [[Europa]] en esferas de influencia alemás e soviéticas. A esfera soviética inicialmente incluía [[Letonia]], [[Estonia]] e [[Finlandia]]. Alemaña e a Unión farina unha partición de [[Polonia]], coas partes ao leste dos ríos [[río Pisa|Pisa]], [[río Narev|Narev]], [[río Vístula|Vístula]] e [[río San|San]] indo a parar ás mans dos soviéticos. O pacto proporcionaba aos soviéticos un espazo extra defensivo no oeste, presentando unha oportunidade para recuperar territories cedidos na [[paz de Riga]] e unir os pobos do leste e o oeste de [[Ucraína]] e [[Belarús]] baixo un goberno soviético.
Liña 49:
 
=== Invasión alemá de Polonia ===
O [[26 de agosto]] [[Hitler]] intentou disuadir aos británicos e aos franceses para que non interferisen no próximo conflito, incluso comprometéndose a que o [[Reino Unido]] tivese forzas da [[Wehrmacht]] á súa disposición nun futuro. Na medianoite do [[19 de agosto]], o ministro de exteriores alemán, [[Joachim von Ribbentrop]], entregou ao embaixador británico, Neville Henderson, a lista de termos que supostamente garantiría a paz co respecto a [[Polonia]]. Baixo eses termos, Polonia devolvería [[Danzig]] a [[Alemaña]] e debería haber un referendum no [[corredor polaco]], baseado na residencia en [[1919]], dentro do ano. Cando o embaixador polaco Lipski foi ver a Ribbentrop o [[30 de agosto]], anunciou que el non tiña o poder para asinar e Ribbentrop despedíunodespediuno. Os alemáns anunciaron que Polonia rexeitara o otrecemento xermano e as negociacións remataron. O [[31 de agosto]] unidades alemás disfrazadas de polacas escenificaron o [[incidente Gleiwitz]] preto da cidade fronteiriza de [[Gleiwitz]]. Na mañá seguinte Hitler ordenou que as hostilidades contra Polona comezasen ás 4:45 do [[1 de setembro]].
 
Os gobernos aliados declaráronlle a Guerra a [[Alemaña]] o [[3 de setembro]] pero non proporcionaron ningún apoio significativo. A pesar de que algúns polacos tiveran éxito en zonas fronteirizas menores, a superioridade técnica, operacional e numérica dos alemáns forzaron aos polacos a retroceder cara [[Varsovia]] e [[Lwów]]. O [[10 de setembro]] o comandante en xefe polaco, o mariscal [[Edward Rydz-Śmigły]], ordenou unha retirada xeral ao o sueste, cara a [[cabeza de ponte romanesa]]. Pouco despois de que comezasen a súa invasión de [[Polonia]], os líderes nazis comezaron a urxir aos soviéticos para que cumprisen o acordó e atacasen dende o leste. O ministro de exteriores soviético [[Vyacheslav Molotov]] e o embaixador alemán en [[Moscova]] [[Friedrich Werner von der Schulenburg]] intercambiáronse unha serie de mensaxes diplomáticas sobre a material, pero os soviéticos porén atrasaron a súa invasión do leste de [[Polonia]]. A [[Unión Soviética]] estaba distraída por eventos cruciais relacionados coas súas disputas fronteirizas con [[Xapón]]. Precisaba tempo para mobilizar ao [[Exército Vermello]] e viron unha vantaxe diplomática agardando que Polonia se desintegrase antes de realizar o seu movemento. O [[17 de setembro]] de [[1939]] entregou a seguinte declaración de Guerra ao embaixador polaco en Moscova:
Liña 74:
O [[Exército Vermello]] entrou nas rexións leste de [[Polonia]] con sete exércitos terrestres, que contabilizaban entre 450.000 e 1 000 000 de soldados, divididos en dúas frontes. O komandarm de 2º rango [[Mikhail Kovalyov]] lideraba a invasión na fronte bielorrusa, mentres que o komandarm de 1º rango [[Semyon Timoshenko]] comandaba a invasión da fronte ucraína. En total os soviéticos estaban despregando non menos de 25 divisións de infantería, 16 de cabalería e 12 brigadas de carros de combate. O número de carros superaba á suma de carros e vehículos blindados de Polonia e Alemaña, cuns 3.700 carros de combate e 380 auto-metralladoras. Por aire os soviéticos contaban cuns 2.000 avións de combate, sendo un 60% deses avións cazas [[Polikarpov I-16|I-16]] e [[Polikarpov I-15|I-152bis]]. Os bombardeiros medios, como o [[Tupolev SB|SB-2]] supoñían outro 30%.
 
En virtude do [[plan Zachód]] de defensa polaco, [[Polonia]] asumía que a [[Unión Soviética]] manteríase neutral durante un conflito con [[Alemaña]]. Como resultado, os comandantes polacos despregarn a meirande parte das súas tropas no oeste, para encarar a invasión xermana. Nese tempo, non máis de 20 batallóns debilitados, formados por uns 20.000 homes dos Korpus Ochrony Pogranicza (corpos de protección de fronteiras), defendían as fronteiras do leste. A meirande parte desas tropas eran infantería lixeira on escaso apoio artilleiro. Cando o [[Exército Vermello]] invadíuinvadiu Polonia o [[17 de setembro]], o exército polaco estaba no medio dunha retirada cara a cabeza de ponte romanesa para reagruparse e agardar a axuda francesa e británica.
 
=== Campaña militar ===
[[Ficheiro:Poland1939 after 14 Sep.jpg|miniatura|275px|Disposición das tropas tras a invasión soviética]]
Cando a [[Unión Soviética]] invadíuinvadiu, Rydz-Śmigły estaba inicialmente inclinado a que as forzas fronteirizas do leste resistisen, pero foi disuadido polo primeiro ministro [[Felicjan Sławoj Składkowski]] e o presidente [[Ignacy Mościcki]]. Ás 4:00 do [[17 de setembro]], Rydz-Śmigły ordenou ás tropas polacas que se repregasen, estipulando que só se enfrontasen ás tropas soviéticas en defensa propia. Porén, a invasión alemá danara seriamente os sistemas de comunicación polacos, causando problemas de mando e control para as forzas de Polonia. Na confusión resultante, producíronse enfrontamentos entre polacos e soviéticos en toda a fronteira. O xeneral [[Wilhelm Orlik-Rückemann]], que tomou o mando dos Korpus Ochrony Pogranicza o [[30 de agosto]], recibíurecibiu directivas non oficiais despois do seu nomeamento. Como resultado, el e os seus subo, antes de disolver o grupo o [[1 de outubro]].
 
O goberno polaco rexeitou renderse ou negociar a paz e ordenou a todas as unidades evacuar Polonia e reorganizarse en [[Francia]]. O día despois de que a invasión soviética comezase, o goberno polaco marchou a [[Romanía]]. As unidades polacas procederon a manobrar cara a zona da [[cabeza de ponte romanesa]], aguantando os ataques alemáns dun flanco e enfrontándose ocasionalmente coas tropas soviéticas no outro. Nos días seguintes á orde de evacuación, os alemáns derrotaron aos exércitos Kraków e Lublin ba [[batalla de Tomaszów Lubelski]].
Liña 84:
Unidades soviéticas a miúdo atopábanse con unidades alemás avanzando dende a dirección contraria. Ocorreron destacados exemplos de cooperación entre os dous exércitos. A Wehrmacht pasoulle a fortaleza de Brest Fortress, que fora tomada despois da [[batalla de Brześć Litewski]] do [[17 de setembro]], á 29ª brigada de carros de combate soviética. O xeneral alemán [[Heinz Guderian]] e o brigadier soviético [[Semyon Krivoshein]] realizaron un desfile conxunto o día 22 na cidade. [[Lwów]] rendeuse o [[22 de setembro]], días despois de que os alemáns entregaran as operacións de asedio aos soviéticos. Forzas soviéticas tomaron [[Wilno]] o [[19 de setembro]] despois dunha batalla de dous días, e tomaron [[Grodno]] o [[24 de setembro]] despois de loitar durante catro días. Cara o [[28 de setembro]], o [[Exército Vermello]] alcanzara a liña formada polos ríos Narew, Western Bug, Vistula e San, a fronteira acordada anteriormente cos alemáns.
 
A pesar dunha vitoria táctica polaca o [[28 de setembro]] na [[batalla de Szack]], o resultado dun conflito máis longo nunca estivo en dúbida. Voluntarios civís, milicias e unidades en retirada reorganizadas resistiron contra as forzas alemás na capital polaca , [[Varsovia]], ata o día 28, e a fortaleza de Modlin, ao norte da capital, rendeuse o día seguinte despois dunha intensa batalla de 16 días. O [[1 de novembro]] tropas soviéticas levaron a unidades polacas aos bosques na [[batalla de Wytyczno]], un dos derradeiros enfrontamentos directos da campaña. Varias garnicións polacas illadas lograron manter as súas posicións moito despois de ser rodeadas, como as da área fortificada de Sarny que resistíuresistiu ata o [[25 de setembro]]. A derradeira unidade operacional do exército polaco en renderse foi Grupo Independente Operacional "Polesie" do xeneral [[Franciszek Kleeberg]]. Kleeberg rendeuse o [[6 de outubro]] despois da [[batalla de Kock]], rematando así a campaña. O [[31 de outubro]] Molotov reportou ao [[Soviet Supremo]]: "Un pequeno golpe do exército alemán, e posteriormente do Exército Vermello, foi suficiente para que non quede nada desa fea criatura do [[Tratado de Versalles]]".
 
{{Control de autoridades}}