Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 52:
== Airiños... ==
Ola, Xohanatorres. Por favor, ten en conta [[https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_%C3%A9#A_Wikipedia_non_%C3%A9_unha_colecci%C3%B3n_indiscriminada_de_informaci%C3%B3n isto], o que a Wikipedia non é. Debemos tratar de ser proporcionados na cantidade de información que fornecemos en cada artigo, e seguir sempre unha xerarquía e criterios de relevancia enciclopédica e xeral. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 27 de agosto de 2018 ás 20:02 (UTC)
 
==RE:Inés Pérez de Ceta==
Boas Xohanatorres, o primeiro grazas pola túa colaboración no proxecto, paso agora a responder ó teu comentario despois de anotar un detalle: pos na miña páxina de conversa "Poñemos esta mensaxe". Cantos estades a usar esta conta? Non sei se foi un lapsus ou non, se non o foi, coméntoche que segundo [[Wikipedia:Nomes_de_usuario#Contas_compartidas]] non se permite o uso de contas compartidas, cada conta debe pertencer a un único usuario. Se foi un lapsus entón non digo nada :).
 
Sobre o da cita. Suprimín o texto porque era unha copia literal dun contido con dereitos de autor, o que nas wikis se chama [[Axuda:Copyvio|copyvio]] (violación dos dereitos de autor), que non está permitido nas Wikipedias. O que si se pode facer é coller a información, os datos, que contén esa fonte e redactalos e presentalos dunha forma diferente, engadindo a referencia para que se poida comprobar a súa verificabilidade. Tes máis información en [[Wikipedia:Verificabilidade]].
 
Se tes calquera pregunta non dubides en preguntar, para iso estamos, e ánimo coas edicións! :) Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 6 de setembro de 2018 ás 23:48 (UTC)