Renacemento hispánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 37:
1. [[Estilo isabelino]]. O ''gótico isabelino'', tamén chamado ''estilo Reis Católicos'', ''estilo Isabel'' ou ''estilo isabelino'', é un estilo propio da [[Coroa de Castela]] durante o reinado dos [[Reis Católicos]], que representa a transición entre o [[arquitectura gótica|gótico final]] (ou [[arquitectura gótica|gótico flamíxero]]) e o [[renacemento|renacemento inicial]], con características orixinais e influencias da [[arte islámica]] e da [[mudéxar]], de [[Flandres]] e, en menor medida, de [[Italia]].
 
A consideración ou non do isabelino como un estilo gótico ou renacentista, como un estilo [[ecléctico]], ou como unha fase dentro do máis xenérico [[plateresco]], é unha cuestión debatida pola historiografía da arte e aínda non resolta.<ref>''...tampouco é satisfactoria a pretendidamente esclarecedora denominación de gótico plateresco, a partir da terminoloxía adoptada por D. Bayón para o que Durliat chamara estilo Isabel e como aglutinante do un e o outro (Marías), pois se conceptualmente existe unha continuidade, o repertorio ornamental empregado é ben distinto, e non existe constancia do uso do vocábulo para as fantasías decorativas medievais.'' Virginia Soto Caba [http://www.artehistoria.jcyl.es/artesp/contextos/7626.htm ''La cuestión plateresca''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120301233038/http://www.artehistoria.jcyl.es/artesp/contextos/7626.htm |date=01 de marzo de 2012 }}, en Artehistoria.</ref>
 
O estilo isabelino introduce varios elementos [[decorativo]]s, máis que [[estrutural|estruturais]], da tradición castelá e algúns ornamentos de influencia [[Islam|islámica]] e outros procedentes de [[Flandres]], tipicamente as formas [[flamíxera]]s. Moitos dos edificios que se construíron neste estilo foron encargas dos Reis Católicos ou ben estiveron dalgún modo patrocinados por eles. Paralelamente desenvólvese en [[Portugal]] unha arte moi similar denominada [[Arte|manuelina]]. Como característica máis evidente está o predominio dos motivos [[heráldica|heráldicos]] e [[epigrafía|epigráficos]]; especialmente os símbolos do xugo e as frechas e a [[milgranda|granada]], que fan referencia aos monarcas. Tamén é característico deste período a ornamentación con [[bóla]]s.
Liña 67:
Desenvolveuse principalmente no programa arquitectónico da arquidiocese de Toledo na época do cardeal Cisneros, baixo a dirección do arquitecto [[Pedro de Gumiel]].
 
As obras máis importantes que cabe facer unha recensión son, na catedral de Toledo, a sala capitular (1504 - 1512, con traza de Gumiel e [[Enrique Egas]], e artesoados de [[Diego López Bueno|Diego López]] e [[Francisco de Lara]]) <ref>[http://www.architoledo.org/catedral/salacapitular.htm architoledo.org]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref>; e en [[Alcalá de Henares]] a [[Catedral de los Santos Niños Justo y Pastor de Alcalá de Henares|Igrexa Maxistral]] <ref>Ou ''colexiata dos Santos Nenos Xusto e Pastor'', hoxe catedral de Alcalá de Henares. A asociación co estilo cisneriano adoita facerse á fachada. A torre é do século XVII (Arsenio Lope Huerta [http://books.google.es/books?ei=UCdBTfKMDIywhQe_t7jdAQ&ct=result&id=cmrUaP1R5sIC&dq=%22estilo+cisneriano%22&q=estilo+cisneriano#search_anchor ''Alcalá de Henares''], Everest, 2001, ISBN 84-241-0327-0).</ref> e o [[paraninfo]] e a capela do Colexio Maior de San Ildefonso da Universidade (1499 - 1516, con traza de Gumiel).<ref>Castillo Oreja, M. A. (1980): ''Colegio Mayor de San Ildefonso de Alcalá de Henares. Génesis y desarrollo de su construcción. Siglos XV-XVIII''. Alcalá de Henares: Ayuntamiento de Alcalá de Henares.</ref>
 
'''3'''. [[Plateresco]]. O desenvolvemento do Renacemento produciuse principalmente por arquitectos locais. Desta maneira, creouse unha corrente puramente española do estilo, que se viu influída pola arquitectura do sur de Italia (dominios da [[Coroa de Aragón]] nesa época). Este estilo español chamado plateresco, combinaba as novas ideas italianas coa tradición gótica española, así como coa idiosincrasia local. O nome provén das extremadamente decoradas fachadas destes edificios, que se asimilaban ao intricado e detallista traballo dos [[Prata|prateiros]].