Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 176.83.8.88 (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm
Etiqueta: Reversión
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 134:
A organización do goberno local en [[Inglaterra]] é complexa, debido ao feito de que a distribución de funcións varía de acordo ás disposicións locais. A lexislación local, leva a cabo polo [[Parlamento británico]] e o [[goberno do Reino Unido]], porque Inglaterra non conta cun parlamento descentralizado. O nivel superior das subdivisións de Inglaterra son nove oficinas rexionais de goberno. Dende [[2000]], a rexión de [[Londres]] conta cunha asemblea electa e cun alcalde, despois do grande apoio dado a dita proposta no [[referendo]] de Londres de 1998. Pretendíase que as outras rexións tamén contasen coa súa propia asemblea rexional, pero o rexeitamento a esta idea nun referendo realizado en [[2004]] na rexión Nordeste de Inglaterra detivo a reforma. Por baixo do nivel da rexión, Londres confórmase por trinta e dous municipios e o resto de Inglaterra ten consellos de distrito e deputacións ou autoridades unitarias. Os concelleiros son elixidos por sufraxio directo, mediante voto sinxelo ou por bloque.
 
O [[Subdivisións de Escocia|goberno local de Escocia]] divídese en 32 áreas de consellos,<ref>[{{Cita web |url=http://www.psa.ac.uk/2007/pps/Bennie.pdf |título=STV in Scotland: Local Government Elections 2007] |data-acceso=17 de marzo de 2012 |urlarquivo=https://www.webcitation.org/5xJnMrHvK?url=http://www.psa.ac.uk/2007/pps/Bennie.pdf |dataarquivo=20 de marzo de 2011 |urlmorta=si }}</ref> que teñen unha ampla variación tanto en tamaño como en poboación. As cidades de [[Glasgow]], [[Edimburgo]], [[Aberdeen, Escocia|Aberdeen]] e [[Dundee]] son áreas de consello especiais, así como a área de consello de [[Highland]], que inclúe unha terceira parte da superficie de Escocia, mais só pouco máis de 200.000 persoas. O poder conferido ás autoridades locais é administrado polos concelleiros elixidos, que son actualmente 1.222. As eleccións lévanse a cabo por voto único transferible, mediante eleccións en bloque de tres ou catro [[concelleiro]]s. Cada Consello elixe a un Administrador ou un Coordinador Xeral para presidir as reunións do Consello e para actuar como o representante da zona. Os concelleiros están suxeitos a un código de conduta imposto pola Comisión de Normas para Escocia. A organización representante dos funcionarios locais é a Convención de Autoridades Locais Escocesas (COSLA).
 
Desde [[1973]], o [[Subdivisións en Irlanda do Norte|goberno local en Irlanda do Norte]] organízase en vinte e seis consellos de distrito, onde se celebran eleccións de voto único transferible, para elixir representantes con poderes limitados a servizos, como a recolección de residuos e o mantemento de parques e lugares públicos. Con todo, o [[13 de marzo]] de [[2008]], o poder executivo propuxo a creación de once consellos novos para substituír o sistema, o que levou a postergar as eleccións locais até o [[2011]] para facilitar o proceso. Por último, o [[Subdivisións de Gales|goberno local en Gales]] consta de vinte e dúas autoridades unitarias, incluíndo as cidades de [[Cardiff]], [[Swansea]] e [[Newport]], que son autoridades unitarias independentes. As eleccións celébranse cada catro anos por sufraxio directo. A Asociación do Goberno Local de Gales representa aos intereses das autoridades locais galesas.