Guterre Méndez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*aupar é opar ou upar. Pero aquí cadra máis elevar. En galego opar ou upar non figura nos dicionarios con ese sentido
Liña 7:
Era cuñado do rei de Galicia [[Ordoño II]] por terse casado este coa súa irmá a raíña [[Elvira Menéndez]]. Era tío do rei de Galicia [[Sancho Ordóñez]] e dos tamén reis [[Afonso IV de León|Afonso IV]] e [[Ramiro II de León|Ramiro II]]. Sancho Ordóñez casaría coa súa neta a raíña [[Goto]], e Ramiro II coa súa sobriña a raíña [[Adosinda Guterrez]]. Exerceu importantes poderes por delegación de Ordoño II e recibiu, entre outras encomendas, a de refundar co abade [[Franquila]] o [[mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil]].
 
Gutier Menendiz apoiou aos fillos de Ordoño II contra os descendentes de [[Froila II|Froila]] conseguindo afastar a [[Afonso Froilaz]] e auparelevar a Sancho Ordóñez ao trono de Galicia mediante a coroación en [[Santiago de Compostela]] polo bispo Hermenexildo. Foi tamén un baluarte do Ramiro II o cal, ao pouco de ser coroado, reconfirma as doazóns a Gutier feitas por [[Afonso III o Magno]] e confirmadas polo rei de Galicia Sancho Ordóñez. Tratábase dos abundantes bens confiscados ao rebelde Vitiza.
 
Arredor do ano [[890]] casou cunha das máis importantes aristócratas galegas, [[Ilduara Eriz]] (Santa [[Aldara de Celanova]]). A unión de ambas as familias supuxo a creación dun dos maiores patrimonios territoriais do [[reino de Galicia]] altomedieval. Residiu sempre en terras galegas, ben no Condado Portucalense ben na Galicia nuclear onde son de destacar [[Portomarín]] e especialmente [[Vilanova dos Infantes, Vilanova dos Infantes, Celanova|Vilanova dos Infantes]] onde situou a casa-residencia principal da súa familia.