Eadbald de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 2:
'''Eadbald''', finado en [[640]], foi rei de [[Reino de Kent|Kent]] desde [[616]] até a súa morte.
==Traxectoria==
Sucedeu ao seu pai [[Aethelberht de Kent|Aethelberht]] que convertera a Kent en potencia hexemónica en Inglaterra durante o seu reinado e foi o primeiro rei anglosaxón en se converter ao [[Cristianismo]]. A ascensión ao trono de [[Eadbald de Kent|Eadbald]] constituíu un serio revés para a [[Igrexa Católica|Igrexa católica]], xa que non se bautizou até varios anos despois da súa coroación. Finalmente, foi convertido polos arcebispos [[Lourenzo de Canterbury|Lourenzo]] ou [[Xusto de Canterbury|Xusto]] e separouse da súa primeira esposa, que fora a súa madrastra, presionado pola Igrexa. Casou posteriormente con [[Ymme]], posibelmente unha princesa franca filla de [[Teodeberto II]], coa que tivo dous fillos, [[Eormenred de Kent|Eormenred]] e [[Eorcenberht de Kent|Eorcenberht]] (tamén Earcomberht), e unha filla, Eanswith.
 
A influencia de Eadbald foi menor que a do seu pai, pero Kent era o suficientemente poderoso como para escapar ao dominio de [[Edwin de Northumbria]]. O matrimonio de Edwin coa irmá de Eadbald, [[Æthelburg]], normalizou as relacións entre Kent e [[Reino de Northumbria|Northumbria]] que aparentemente continuaron até o reinado de [[Oswald de Kent|Oswald]]. Cando Æthelburg fuxiu a Kent tras a morte de Edwin ao redor de [[633]], enviou aos seus fillos a Francia por temor ás intrigas tanto de Eadbald como de Oswald. A liña real de Kent realizou varios matrimonios diplomáticos durante os anos subseguintes, incluíndo o matrimonio de Eanfleda, sobriña de Eadbald, con [[Oswiu de Northumbria|Oswiu]], e de Eorcenberht con [[Seaxburh de Ely|Sexburga]], filla do rei [[Anna de Anglia Oriental]].