Rato de campo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 40:
É depredado por unha gran variedade de animais, como rapaces diúrnas e nocturnas, mamíferos carnívoros e ofidios, e tamén por [[garza]]s ou [[xabarín]]s.
 
Durante os meses máis fríos non [[Hibernación|hibernan]]; porén, durante as estacións invernais duras caen nun [[torpor]], unha diminución na actividade fisiolóxica. Son principalmente activos durante a escuridade, e son moi bos gabeadores. Cando buscan comida, recollen e distribúen visualmente obxectos conspicuos, como follas e ramiñas, que usan como marcas para guiarse nas súas exploracións.<ref>{{cite journal |last=Stopka|first=P. |date=April 2003|title=Way-marking behaviour: an aid to spatial navigation in the wood mouse (Apodemus sylvaticus) |journal=BMC Ecology|volume= 3|pages= 3|doi=10.1186/1472-6785-3-3| url=http://www.biomedcentral.com/1472-6785/3/3|display-authors=etal}}</ref> Se se colle a un exemplar polo rabo, pode rapidamente desprenderse de parte del, que non volve a medrar.<ref>Goaman, K., Amery, H. (1983). ''Mysteries & Marvels of the Animal World'', pg. 15.</ref> Para evitar a predación, adoita buscar comida en sitios pequenos cubertos.<ref>Fedriani, J. M. 2005.</ref>
 
== Reprodución ==
 
O rato de campo ten unha [[estación reprodutora]] de febreiro a outubro na cal ocoren moitos apareamentos, e competición embarullada para aparearse. Porén, isto é variable e depende do clima. Tal comportamento característico ten como resultado nunha [[competición de esperma]] e camadas de varias paternidades. A sociedade destes ratos é [[polixinia|polixínica]] e a [[copulación]] é o resultado desta competición durante os períodos reprodutores.