Tamoxifeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
 
Liña 2:
O '''tamoxifeno''' é un medicamento que se emprega como terapia complementaria para o [[cancro de mama]]. Utilízase durante un período de 5 anos logo de rematar a cirurxía e a [[quimioterapia]] e demostrou en diferentes estudos que diminúe considerablemente a probabilidade de que se produza unha reincidencia do [[tumor]].<ref name=A>[http://books.google.es/books?id=r6f_Rgxn-p8C&pg=PA116&dq=tamoxifeno&lr=&cd=21#v=onepage&q=tamoxifeno&f=false Dr. John Link: Cáncer de mama y calidad de vida. Ediciones Robinbook S.L., Barcelona.] ISBN 978-84-7927-774-1. Consultado el 1-6-2010</ref>
 
Comercialízase en forma de comprimidos de 10 e 20 &nbsp;mg. A dose diaria rolda entre 20 e 40 &nbsp;mg repartidos nunha ou dúas tomas.<ref>[http://www.iqb.es/cbasicas/farma/farma04/t004.htm Vadenecum. De la A a la Z: Tamoxifeno.] Consultado o 1 de xuño de 2010</ref>
 
Tecnicamente clasifícase como modulador selectivo dos receptores estroxénicos. O seu mecanismo de acción baséase no seu efecto antiestroxénico, é dicir, bloquea a acción desta hormona que estimula o desenvolvemento das células tumorales. Non é útil en tódolos cancros de mama, senón só naqueles cuxas células presentan receptores específicos para [[estróxeno]]s. Os tumores de mama son heteroxéneos a nivel celular e unicamente o 60% presentan receptores hormonais deste tipo.<ref name=A/>