Nürburg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Xoio (conversa | contribucións)
→‎Localización: arranxiño
Liña 20:
 
== Localización ==
Nürburg elevase por encima da aldea do mesmo nome no segundo outeiro máis alto dasdo [[Eifel]] (678 m.). O castelo e o outeiro son considerados como unha paisaxe característica da rexión de Eifel. Malia que é un dos castelos máis importantes na rexión de Eifel, aínda debe ser investigado na súa totalidade. Case non hai fontes escritas relativas á historia da construción do castelo na Idade Media. Existen referencias documentais do outeiro do ano 954 co nome ''mone nore'', que significa cerro negro. A descrición servía para aclarar os límites e a quen pertencía unha propiedade, e foi utilizado como un marcador de referencia significativo. O nome Nürburg crese que deriva de ''mons nore'', como a cor do [[basalto]] volcánico utilizado para construír o castelo, dunha cor inusualmente escura.
 
O castelo de Nürburg é considerado como o "castelo máis alto de Renania-Palatinado", e nun día claro, poden verse as torres da [[Catedral de Colonia]].