José Rodríguez Martínez (médico): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Hígia, Higía ou Higia ?
Liña 19:
 
== Traxectoria ==
Licenciouse en medicina na [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1880]]. Realizou unha estada en Valencia como colaborador na loita contra o [[cólera]]. Creou varios centros de [[vacinación]] na Coruña. Dirixiu o periódico ''[[El Centro Galaico]]'', fundou as revistas ''Galicia Médica'' e ''Revista Médico-Social'' e chegou a ser redactor xefe de ''[[La Voz de Galicia]]''. Tamén colaborou nos periódicos ''El Esclavo'', ''La Pelea'', ''El Pueblo'', ''El Cardenal'', ''Lectura Popular'', ''[[La Unión Republicana]]'' e ''El Bochiche''.
 
As súas ideas republicanas levárono a asinar no verán de [[1907]] o Manifesto Solidario, que deu orixe a [[Solidaridad Gallega]] da que foi director do seu órgano de prensa ''[[Galicia Solidaria]]''. En [[1908]] abandonou Solidaridad Gallega.
 
En 1909 fundou na [[rúa de San Andrés (A Coruña)|rúa de Santo André]] da Coruña unha moderna casa de [[cirurxía]] co nome da deusa grega [[Higia (mitoloxía)|Higia]], no que había novidades coma [[incubadora]]s para nenos prematuros. A clínica desapareceu en 1921 coa morte do seu fundador.<ref>{{cita libro|título=Tiempos republicanos|nome1=Jesús María|apelidos1=Reiriz Rey|nome2=Xosé|apelidos2=Alfeirán Rodríguez|editorial=[[Ateneo Republicano de Galicia]]|data=2004|lugar=A Coruña|isbn=84-933103-2-8}}</ref>
 
== Obras ==