ISO 26262: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m +control autoridades using AWB
Liña 1:
A norma '''ISO 26262''' é un estándar internacional deseñado para a súa aplicación sobre sistemas de seguridade que inclúan un ou máis elementos electrónicos levados a produción serie en vehículos de pasaxeiros cunha carga máxima de 3500  kg. A norma foi publicada pola [[Organización Internacional para a Estandarización]] (ISO) en 2011. Exclúense os vehículos de carácter especial deseñados para pasaxeiros con minusvalías.
 
A ISO 26262 cubre posíbeis perigos causados por erros de funcionamento en calquera sistema electrónico de seguridade no vehículo e as posíbeis interaccións entre os mesmos. Están exentos do campo da norma calquera accidente relacionado con lumes, radiación, toxicidade, flamabilidade, corrosión dos materiais e similares, agás no caso de que se manifesten como unha consecuencia directa dos erros de funcionamento atopados nos sistemas de seguridade examinados.
Dentro da ISO 26262 non se entra a avaliar a precisión do sistema de seguridade en ausencia de accidentes, aínda que si se dá constancia de estándares adicados a este efecto (p.ex sistema de freada automática ou para o sistema adaptativo de control da distancia). <ref>[https://www.iso.org/standard/43464.html ISO 26262] {{en}}</ref>
 
== Contexto ==
O borrador da Norma (DIS) para a ISO 26262 publicouse en xuño do [[2009]]. Desde a súa publicación a norma gañou a atención do sector, desde ese momento os avogados contaban cun novo referente para o estado da arte. A nivel técnico, o estado da arte supón o meirande estado de desenvolvemento acadado por un sistema ou proceso particular para o tempo dado. De acordo coa lei alemá, calquera fabricante debe asumir a responsabilidade sobre calquera dano causado por un erro de funcionamento nos seus sistemas, se este erro non puido ser detectado polo estado da arte, a demanda é desestimada. <ref>[German law on product liability (§ 823 Abs. 1 BGB, § 1 ProdHaftG)].</ref>
 
Sumado a estes beneficios a norma ISO 26262 crea un vocabulario común para referirse a partes específicas dos sistemas de seguridade no vehículo, e en paralelo unha terminoloxía común para avaliar e medir o conxunto do sistema.
Liña 14:
*Prover unha clasificación das clases de risco no contorno da seguridade electrónica na automoción (ASIL).
*Usar ASIL para definir os elementos de seguridade requiridos para aceptar un risco residual no sistema.
*Prover xestión de requisitos e validación para confirmar as medidas que aseguren que un nivel aceptábel de seguridade foi acadado polo sistema. <ref>[http://www.parasoft.com/jsp/products/article.jsp?articleId=3161 "ISO 26262 Software Compliance: Achieving Functional Safety in the Automotive Industry"] {{en}}</ref>
 
==Partes da ISO 26262==
Liña 150:
==Notas==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Organizacións non gobernamentais]]