Club Deportivo Burela Fútbol Sala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
m +control autoridades using AWB
Liña 27:
 
== Historia ==
O conxunto laranxa xordiu en setembro de [[2001]] en [[Burela]] froito do xerme do antigo equipo da localidade, o Cefire Burela FS, trasladado á localidade veciña de [[Viveiro]] tras o seu paso pola [[Primeira división española de fútbol sala|División de honra]] na tempada 1999/00.
 
Iniciou a súa andaina en Primeira Nacional B pero nas súas dúas primeiras tempadas de existencia conseguiría dous ascensos consecutivos que o colocarían na [[Segunda división española de fútbol sala|División de Prata]]. En devandita categoría xogaría ata sete veces a promoción de ascenso a [[Primeira división española de fútbol sala|Primeira División]], categoría na que debutou na tempada 2012/13.
 
O equipo feminino xurdiu na vila de [[Foz]], para varias tempadas despois trasladarse a [[Burela]], onde conseguiu o ascenso a Primeira División en [[2010]] e tras consolidarse na categoría, un histórico dobrete de Liga e Copa de España na tempada 2012/2013.
 
Entre os socios de honra do club figuran: os futbolistas [[Ronaldinho]] e [[Francisco Javier González Pérez|Fran]], o ciclista [[Óscar Pereiro]], o xornalista [[Terio Carrera]] e o seleccionador nacional de fútbol sala [[José Venancio López]].
Liña 133:
{{Tempadas da LNFS}}
{{Fútbol Sala en Galicia}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Equipos de fútbol sala de Galicia]]