Battlestar Galactica (serie de 2004): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m +control autoridades using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Grace Park 18113317.jpg|miniatura|300px|[[Grace Park]] é unha das intérpretes de Battlestar Galactica]]
'''Battlestar Galactica''' é unha serie de televisión [[británico]]-[[canadense]]-[[Estados Unidos de América|estadounidense]] de [[ciencia ficción]] que forma parte do universo [[Battlestar Galactica]]. [[David Eick]] e [[Ronald D. Moore]] creárona como reelaboración da serie de televisión de [[1978]], [[Battlestar Galactica (serie de 1978)|Battlestar Galactica]] creada por [[Glen A. Larson]].
 
==Características==
A serie comezou como unha [[Battlestar Galactica (miniserie)|miniserie de tres horas]] en decembro de [[2003]] na canle [[Syfy]] dos Estados Unidos, por mor do seu éxito, foi un dos programas máis vistos na historia da canle, déuselle continuidade como serie durante catro tempadas. A primeira emisión da serie foi no [[Reino Unido]] o [[18 de outubro]] de [[2004]] transmitida por [[Sky One]], o último episodio emitiuse o [[20 de marzo]] de [[2009]]. Os protagonistas principais son [[Edward James Olmos]] e [[Mary McDonnell]], contou coa aprobación da crítica, levando un [[Premios Peabody|Premio Peabody]] e o da [[Television Critics Association]] ó mellor programa do ano.
 
A serie tamén foi moi popular en Canadá, [[Europa]] e [[Australia]]. Do argumento da serie vaise emitir outra chamada [[Caprica]] prevista para se emitir en xaneiro de [[2010]] pero o episodio piloto xa saíu en [[DVD]] e para descarga directa.
 
==Argumento==
A historia de Battlestar Galactica transcorre nunha parte afastada da [[galaxia]], onde unha civilización de seres humanos viven nunha serie de [[planeta]]s coñecidos como as Doce Colonias. No pasado, as colonias estiveran en guerra cunha raza cibernética coñecida como cylons. Coa axuda involuntaria dun ser humano chamado Gaius Baltar, os cylons lanzan un ataque por sorpresa sobre as Doce colonias, destruíndo os planetas, arrasando á súa poboación. Uns poucos sobreviventes humanos foxen para o espazo a bordo de calquera [[nave espacial]] que estea ó seu alcance. De todas as frota colonial, a Battlestar Galactica parece ser a única nave militar importante que sobreviviu ao ataque. Baixo o liderado do famoso líder militar comandante William "Bill" Adama, a Battlestar Galactica e a súa tripulación asume a tarefa de liderar a pequena frota dos superviventes no espazo en busca dun lugar lendario coñecido como [[Terra]].
 
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Series de televisión de ficción científica]]