O Porriño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Edvac (conversa | contribucións)
Engadida imaxe de xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño e máis info sobre xacementos paleolíticos e da idade de bronce
Liña 111:
 
== Historia ==
No municipio encontráronse abundantes vestixios do [[Paleolítico]] e da [[Idade de Bronce]], especialmente na parroquia de [[San Salvador de Budiño, O Porriño|Budiño]], o que evidencia unha moi temporá ocupación do territorio. O [[Xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño]] e o [[Gravado rupestre do Monte Castelo]] son, de feito, os dous [[Ben de Interese Cultural|bens de interese cultural]] declarados no concello<ref>[https://www.cultura.gal/sites/default/files/documents/basico/20180319_rbic_publicable.xlsx Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia]</ref>.
 
[[File:Rectángulo excavado xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño.jpg|thumb|Rectángulo excavado no Xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño, onde atopáronse útiles de pedra tallada, duns 300.000 anos de antigüidade.]]
 
Durante a Idade Media o réxime señorial estivo fortemente consolidado no Porriño, dominado por castelos dos que hoxe apenas se conservan restos: os castelos de [[Castelo de Cans|Mirabel]] e Orbenlle e a fortaleza de Erbilone.