Ermengol VI de Urgell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en catalán
Etiqueta: edición de código 2017
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2018 ás 08:27

Ermengol VI de Urgell, coñecido como o de Castela, nado en Valladolid en 1096 e finado en Castela o 20 de xuño de 1154, foi conde de Urgell entre 1102, cando faleceu o seu pai, e 1154[1]. Foi fillo do conde Ermengol V e de María Pérez, filla do conde Pedro Ansúrez quen se encargou da tutela do seu neto durante a súa minoría de idade ao quedar orfo en 1102.

Territorios de Ermengol VI cando morreu Ramon Berenguer III en 1131.

Biografía

Coa axuda de Guerau II de Cabrera, gobernante real do condado, e de Ramon Berenguer III de Barcelona conquistou en 1106 a cidade de Balaguer, que pasou a ser dende aquel momento a capital do condado de Urgell.

Xa adulto colaborou con Afonso I de Aragón na conquista de Zaragoza en 1118, así como con Afonso VII de Castela na cruzada contra al-Mariyya en 1147.

A boa relació co casal de Barcelona levou a Ermengol VI a participar na viaxe de Ramon Berenguer IV de Barcelona ata a Provenza en 1144 e a colaborar co conde de Barcelona na Cruzada contra o emirato de Lleida e a repoboación da cidade en 1149.

Matrimonio e descendencia

En 1119 casou con Arsenda de Cabrera, filla de Guerau III de Cabrera, vizconde de Àger, e de Berenguera de Queralt. Do matrimonio naceron:

  • o infante Ermengol VII (?-1184), conde de Urgell
  • a infanta Sibil·la de Urgell, casada con Ramon Folch, vizconde de Cardona
  • a infanta Estefania de Urgell (?-1177), casada con Arnau Mir de Pallars Jussà

Cara ao 1135 casou en segundas nupcias con Elvira de Lara, filla de Roderic de Lara e a infanta Sancha de Castela. Deste matrimonio naceron:

  • o infante Galceran de Sales (?-v1184)
  • a infanta Maria de Urgell (?-1196), señora de Almenara

Notas

  1. Fontana i Lázaro, Josep (2014). La formació d'una identitat. Una història de Catalunya. Vic: Eumo (Universitat de Vic). p. 24. ISBN 978-84-9766-526-1.