Batalla de Okinawa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Segunda Guerra Mundial
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/gran
Liña 30:
A batalla denominouse '''Tifón de Aceiro''' en [[lingua inglesa|inglés]] ''Typhoon of Steel'', e chuvia de aceiro (''Tetsu no ame'') ou vento violento de aceiro (''Tetsu no Bofu'') en [[lingua xaponesa|xaponés]]. Estas denominacións dan conta da ferocidade dos combates, a intensidade dos disparos, e a enorme cantidade de buques [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliados]] e vehículos blindados que asaltaron a illa. A batalla resultou ser unha das que tivo máis vítimas, civís e militares, en toda a [[Segunda Guerra Mundial]]: a totalidade dos falecidos supera o cuarto de millón. Cinco divisións do XXIV Corpo dos EUA, a 7.ª, 27.ª, 77.ª, 81.ª e 96.ª, e dúas divisións de Marines, a 1.ª e 6.ª, combateron na illa, mentres que a 2.ª División de Marines se mantivo en reserva e non se planteou que desembarcara. A invasión foi apoiada por forzas aéreas navais, anfibias e tácticas.
 
O obxectivo principal da operación era apoderarse da grangrande [[illa de Okinawa]] a só 340 [[quilómetro|km]] de distancia do Xapón. Despois dunha longa campaña de ir choutando de illa en illa (os estadounidenses denominaron isto ''island hopping''), os Aliados achegábanse ao Xapón, e planearon usar Okinawa como base para as operacións aéreas para invadir o territorio xaponés, co nome en clave [[Operación Downfall]]. Finalmente os [[Bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki|bombardeos atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki]] e a [[Batalla de manchuria|entrada soviética na guerra]] provocarían a [[rendición do Xapón]] tan só unhas semanas despois da fin dos combates en Okinawa.
 
== Orde de batalla ==