Cuarta onda do feminismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 12:
 
== Historia ==
A xornalista Pythia Peay defendeu a existencia dunha cuarta onda xa en 2005, que enfocaba a xustiza social e os dereitos civís,<ref>{{cita publicación periódica|apelido =Peay |nome = Pythia |título=Feminism's Fourth Wave |obra=Utne Reader |número= 128 |ano= 2005 |páxinas= 59–60 | url = http://www.utne.com/community/feminisms-fourth-wave.aspx |localización= Topeka, Kansas |editor= Ogden Publications |dataacceso=25 de febreiro de 2018}}</ref> e en 2011 a activista da terceira onda Jennifer Baumgardner definiu o ano de 2008 como o inicio da cuarta onda. O [[Twitter]], a rede social máis popular entre as persoas con idades entre 18 e 29 anos, foi creada en 2006,<ref>{{cita web|apelido =Brodzky|nome =Brandon|url=https://www.linkedin.com/pulse/20141118182103-28964915-social-media-user-statistics-age-demographics-for-2014|título=Social Media User Statistics & Age Demographics for 2014|data=18 de novembro de 2014|páxina-web=LinkedIn Pulse|dataacceso=16 de marzo de 2016}}</ref> tornando o feminismo máis accesíbel e dando inicio ó chamado “feminismo hashtag”. En 2013 Kate Cochrane afirmou que moitas dos liderados da cuarta onda eran adolescentes ou tiñan 20 e poucos anos.
 
Por volta do ano 2013 xa semellaba obvio que unha nova onda de protestas feministas estaba acontecendo. Cando a senadora americana polo estado do Texas, Wendy Davis, obstruíu os traballos lexislativos por 13 horas para impedir a aprobación dun proxecto de lei antiaborto, diversas mulleres demostraron o seu apoio reuníndose arredor do Capitolio estadual de Texas, e aquelas que non puideron estar fisicamente presentes usaron a [[Cancelo (Internet)|hashtag]] #StandWithWendy. De xeito semellante, as mulleres protestaron contra as preguntas sexistas dirixidas ás mulleres do medio artístico a través da ''hashtag'' #askhermore.