Megalópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro, {{cite web → {{Cita web (2)
Liña 25:
Anteriormete os Megaloptera eran considerados parte dun grupo denominado [[Neuroptera]], no que se incluían outros grupos, que son agora considerados xeralmente ordes separadas, e os Neuroptera comprenden agora só eses outros grupos (que antes se chamaban Planipennia). Todos os anteriores Neuroptera están, non obstante, moi estreitamente relacionados entre si e o novo nome para este grupo conxunto que inclúe a todos eles é [[Neuropterida]].<ref>Tamén chamados "Neuropteroidea", aínda que a terminación "-oidea" é a que normalmente se usa para as superfamilias. Ver referencias en Haaramo (2008).</ref> Este é situado ou ben como un superorde, cos [[Endopterygota]] (dos cales forman parte) constituíndo un [[clado]] sen categoría taxonómica sobre el, ou ben os Endopterygota son mantidos como superorde, e os Neuropterida, sen categoría, formarían parte deles. Dentro dos endopterigotos, os parentes vivos máis próximos do clado dos neuroptéridos son os [[escaravello]]s.
 
O Corydalinae asiático ''[[Acanthacorydalis fruhstorferi]]'' pode ter unha envergadura alar de ata 21,6&nbsp;cm, o que o fai o insecto acuático de maior envergadura alar do mundo.<ref>{{citeCita web |url=http://www.guinnessworldrecords.com/world-records/428458-largest-aquatic-insect-pterygota |title=Largest aquatic insect (by wingspan) |website=Guinness World Records |accessdate=4 April 2018 }}</ref><ref>{{citeCita web |url=http://www.dailymail.co.uk/sciencetech/article-2704111/The-stuff-nightmares-New-species-insect-discovered-China-wingspan-EIGHT-INCHES.html |title=The stuff of nightmares! New species of insect discovered in China - and it has a wingspan of more than EIGHT INCHES |author=Jonathan O'Callaghan |date=24 July 2014 |website=[[Daily Mail]] |accessdate=26 July 2014 }}</ref>
 
== Anatomía e ciclo vital ==
 
Os megalópteros adultos lembran moito a [[neurópteros]], excepto pola presenza dunha rexión prateada nas ás traseiras, que lle axuda a dobralas sobre o abdome. Teñen fortes mandíbulas e pezas bucais aparentemente adaptadas para mastigar, aínda que moitas especies non comen cando son adultos. Teñen grandes [[ollo composto|ollos compostos]], e nalgunhas especies tamén [[ollo simple|ocelos]]. As ás son grandes e subiguais.<ref name=IIBD>{{citeCita booklibro |author= Hoell, H.V., Doyen, J.T. & Purcell, A.H. |year=1998 |title=Introduction to Insect Biology and Diversity, 2nd ed. |publisher= Oxford University Press |pages= 441–443|isbn= 0-19-510033-6}}</ref>
 
As femias poñen ata 3&nbsp;000 ovos nunha masa conxunta, que depositan sobre vexetación que colga sobre a superficie da auga. Sofren a forma máis rudimentaria de [[metamorfose (bioloxía)|metamorfose completa]] entre os insectos. Presentan menos diferenzas entre as formas larvarias e as adultas que calquera outra orde de insectos [[holometábolo]]s, e as súas larvas acuáticas viven en auga doce, arredor da cal viven tamén os adultos. As larvas son carnívoras, e comen pequenos invertebrados, como [[crustáceos]], [[ameixa (molusco)|ameixas]], [[verme]]s e outros insectos. Posúen fortes mandíbulas que usan para capturar as súas presas. Teñen grandes cabezas e corpos alongados. O abdome leva varios filamentos táctiles finos, que nalgunhas especies poden incluír [[branquia]]s. O segmento final do abdome leva un par de [[propata]]s, ou un só apéndice parecido a unha cola.<ref name=IIBD/>