Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
O '''''Chicago Tribune''''' é un dos principais [[Prensa escrita|xornais]] da cidade de [[Chicago]], [[Illinois]], ([[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]), propiedade da [[Tribune Company]]. Anteriormente coñecido como o ''World's Greatest Newspaper'' (coñecido como ''WGN'' en radio e televisión), segue sendo o principal diario de Chicago e a súa zona metropolitana, sendo o oitavo periódico máis importante de [[América do Norte|Norteamérica]] en vendas.<ref>[http://www.burrellesluce.com/top100/2008_Top_100List.pdf Top 100 diarios de los EE.UU.]</ref>
 
O 2 de abril de [[2007]], o ''Tribune'' anunciou un plan de venda de accións por valor de 8,2 miles de millóns [[Dólar estadounidense|USD]], cun prezo de saída de 34$ por acción, e un plan de propiedade de accións para os empregados. O novo presidente do diario é o magnate [[Sam Zell]]. Asemade, como parte do acordo, os [[Chicago Cubs]] e o seu estadio, o Wrigley Field, foron vendidos, así como a cota do ''Tribune'' do grupo de canles de televisión [[Comcast SportsNet]].<ref>[https://web.archive.org/web/20090502022424/http://www.chicagotribune.com/business/chi-070402tribune-zell,0,294383.story?coll=chi-news-hed Chicago Tribune. Noticia de la compra por Sam Zell] </ref>
 
== Historia ==
O ''Tribune'' foi fundado por [[James Kelly (periodista)|James Kelly]], John E. Wheeler e Joseph KC Forrest, aparecendo o seu primeiro número o [[10 de xuño]] de [[1847]]. Logo dun cambio de editores, absorbeu outras tres publicacións da cidade: o ''Free West'' en 1855, o ''Democratic Press'' en [[1855|1858]], e o ''Chicago Democrat'' en [[1861]]. O seu principal rival na cidade era o ''Chicago Daily News'', fundado en [[1875]].
 
En [[1910]], cunha tirada de 188.000 exemplares, era o terceiro diario máis vendido en Chicago.
 
Algunhas das grandes primicias do ''Tribune'' foron a publicación do texto orixinal do [[Tratado de Versalles]], en xuño de [[1919]], e a súa revelación dos plans de guerra dos Estados Unidos en vésperas do ataque xaponés a [[Pearl Harbor]]. Na súa portada do 7 de xuño de [[1942]] anunciou que os Estados Unidos descifrara o código militar [[Código Púrpura|PURPLE]] do [[Xapón]].
381.175

edicións