Ácido micólico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 1:
Os '''ácidos micólicos''' son [[ácido graxo|ácidos graxos]] de cadea longa que se encontran nas [[parede celular|paredes celulares]] dun grupo de [[bacteria]]s chamadas micoladas (''mycolata''), entre as que está ''[[Mycobacterium tuberculosis]]'', o axente causante da [[tuberculose]]. Son o principal compoñente da parede celular destas bacterias. Malia o seu nome (coa raíz mico), os ácidos micólicos non están bioloxicamente relacionados cos [[fungo (bioloxía)|fungos]]; o seu nome débese á aparencia filamentosa destas bacterias a grangrande aumento. A presenza de ácidos micólicos na parede celular tamén lles dá unha característica morfoloxía grosa ou "cordada" (con aspecto de corda). Os ácidos micólicos foron illados inicialmente por Stodola ''et al.'' en 1938 a partir dun extracto de ''M. tuberculosis''.
 
Os ácidos micólicos están compostos por dúas cadeas: unha cadea [[Beta hidroxiácido|beta-hidroxi]] máis longa, e unha [[cadea lateral]] alfa-[[alquilo]] máis curta. Cada molécula contén entre 60 e 90 átomos de [[carbono]]. O número exacto de carbonos varía segundo a especie e pode usarse como axuda para a identificación. A maioría dos ácidos micólicos tamén conteñen varios [[grupo funcional|grupos funcionais]].