Malemo Caná: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*acopio: aprovisionamento, provisión, recollida, abastecemento, subministración...
Liña 10:
 
== Interpretación ==
Resulta indubidábel que Vasco da Gama buscaba un piloto para navegar no Índico, cousa que non era doada. Así como non era fácil navegar no [[Océano Atlántico|Atlántico]], onde os portugueses aprenderon logo de décadas de experimentación e acopiorecollida de datos (por exemplo, os [[alisio (vento)|ventos alisios]] obrigaban a internarse no medio do océano, para logo virar a favor dos contralisios no [[hemisferio sur]], e poder chegar logo ata a costa africana), o novo mar era así mesmo unha incógnita para os navegadores portugueses que por vez primeira se internaban nel, despois de dobrar o [[cabo de Boa Esperanza]]. De aí a busca ansiosa de Da Gama para conseguir un piloto, sabendo ben que os musulmáns dominaban o Índico. A información sobre parte destes asuntos obraba en poder da Casa real portuguesa remitida por [[Pero da Covilhã]], explorador que estivera na mesma India, chegando por outros camiños.
 
Malemo Caná, segundo certos investigadores, é identificado co explorador árabe [[Ahmed ibn Majid]], o que non é doado de probar. Esta identificación faise a partir de fontes árabes nas que se di que a Ibn Majid o emborracharan os portugueses. A historia é coñecida en Occidente de tempo atrás, e crese no seu momento que non é máis ca unha fantasía pola que os musulmáns explicaban o éxito portugués, sendo conscientes da importancia que a fazaña de Vasco da Gama tiña para os seus intereses.