Bangalore: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Independencia e centro das Tecnoloxías da Información: Arranxos varios, replaced: custe → custo
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*abigarrado: recargado, heteroxéneo, sen concerto, mesturado, complexo...
Liña 54:
Tipu Sultan (o ''Tigre de Mysore'') guerreou contra os británicos que, en 1799, conquistaron o reino e a cidade. No 1806 decidiron trasladar alí a súa guarnición militar e administrativa, ou ''Cantonment'', o que ocasionou un grande incremento de poboación (moitos inmigrantes tamiles) e que en 1831 levou a capital do reino a Bangalore. Pete e o Cantonment creceron coma cidades xemelgas pero independentes. A segunda ao leste, de corte europea e máis de 30km2, espallábase arredor do Parade Ground, o campo de manobras.
 
O South Parade converteuse na arteria central con bares e restaurantes, clubs, cines, tendas e igrexas (e actualmente é o centro da metrópole co nome de Mahatma Gandhi Road ou MG Road). Na súa contorna, as zonas residenciais de baixa densidade dos europeos (tipo ''cidade-xardín'', que tamén é o alcume de Bangalore). Ao norte creceu o abigarradocomplexo núcleo dos traballadores tamiles, o Bazar Blackpally. Entre as dúas cidades, Pete e Cantonment, o Parque Cubbon (creado en 1864) actuaba de charnela. No mesmo ano chegou o ferrocarril de [[Madrás]], que tiña a súa estación a carón do Bazar.
 
Pronto precisáronse novos asentamentos. Na década final do século (continuando nas dúas primeiras do [[século XX]]) apareceron entre outros, ao norte do bazar, Cleveland Town (1883), Fraser Town e Richards Town; ao sur do Parade, Richmond Town (1883). Tamén na vella Bangalore houbo extensións, ao sur do forte (que coma o vello muro de Pete foi caendo na ruína ata desaparecer): Chamarajpet (1892), Sankarapuram, Basavanagudi (1894 <ref>[http://www.sephis.org/images/b4b02.jpg ''Plano da Basavanagudi, 1894'']{{Ligazón morta}}</ref>); ao norte, Malleswaram (1898, durante a peste que desaloxou a moitos habitantes do centro). Nelas, o contraste entre a súa planificación reticular de rúas amplas e alboradas con prazas e zonas verdes, e a adxacente vella cidade india era absoluto.