Normes de Castelló: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
As '''Normes Ortogràfiques de Castelló''' son unhas [[norma ortográfica|normas ortográficas]] de [[1932]] que adaptan as normas oficiais do [[Institut d'Estudis Catalans]] obra de [[Pompeu Fabra]] ao [[valenciano]]. A [[Acadèmia Valenciana de la Llengua]], o ente normativo oficial para o valenciano establecido en 1998, segue no fundamental as Normas de Castellón para codificala.
 
Diante a anarquía ortográfica e gramatical que mantiñan os escritos en valenciano, unha parte seguía fielmente as normas do IEC, outra utilizaba a ortografía castelá máis ou menos adaptada e aínda outra utilizaba unha ortografía arcaizante, a revista ''[[Taula de Lletres Valencianas]]'' fixo un chamado, ''Als escriptors valencians i a les publicacions valencianes'', en 1930 para uniformar a escrita por medio dun acordo. A idea vai gañando adeptos e a [[Societat Castellonenca de Cultura]] recolle a iniciativa, en decembro de 1932 54 escritores e 14 entidades culturais asinan o acordo para establecer a coñecidas como Normas de Castellón que supuxeron a aceptación da normativa fabriana, lixeiramente adaptada, e a asunción da unidade da lingua catalá sen renunciar ao nome de lingua valenciana.
 
[[Categoría:Lingua catalá]]