Gran Cisma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Lles (conversa | contribucións)
m contraccións
Liña 3:
== Orixes ==
 
Desde os primeiros tempos, a Igrexa recoñeceu a posición especial de tres [[bispo]]s, que eran denominados [[patriarca]]s: O [[bispo de Roma]], o [[patriarca de Alexandría]] e o [[patriarca de Antioquía]]. A estes engadiuse o [[patriarca de Constantinopla]] e máis o [[patriarca de Xerusalén]], ambos confirmados como tales polo [[Concilio de Calcedonia]], no [[451]]. Os patriarcas mantiveron a súa preeminencia sobre os bispos da Igrexa. De entre eles, o bispo de Roma e o patriarca de Constantinopla eran considerados con uncun status maior a causa de que as súas sedes eran as dúas capitais do Imperio romano.
 
A división posterior do [[Imperio romano]] contribuíu á desunión da Igrexa. [[Teodosio I|Teodosio o Grande]], morto no [[395]], foi o último Emperador que gobernou sobre un Imperio romano unido. Logo do seu falecemento, o territorio foi dividido en dúas partes: oriental e occidental, cada unha co seu propio Emperador. A fins do século V, o Imperio romano occidental, fora destruído polas tribos xermánicas, en tanto o Imperio romano oriental (coñecido tamén como o [[Imperio bizantino]]) continuou subsistindo. Así que a unidade do Imperio romano foi o primeiro en caer.
 
Moitos outros factores contribuíron ao apartamento entre Oriente e Occidente. A lingua oficial no Occidente era o [[latín]], mentres a do Oriente era o [[lingua grega|grego]]. Moi logo da caída do Imperio occidental, o número de persoas capaces de falar tanto grego como latín comezou a minguar, de xeito que a comunicación entre ambas as dúas zonas foi máis difícil. Con aCoa ruptura da comunicación lingüística, a unidade cultural comezou tamén a quebrarse. As dúas metades da Igrexa dividíronse dun modo semellante; usaban ritos diferentes e tiñan variantes diferentes de interpretación das doutrinas relixiosas. Aínda que o Gran Cisma tería lugar varios séculos despois, os seus alicerces eran perceptíbeis xa antes.
 
== Motivos do cisma ==
Liña 22:
== A ruptura ==
 
A ruptura comezou a fraguarse a raíz da preocupación do [[Papado]] por uniformar os ritos no Sur de [[Italia]], recentemente conquistada polos [[normandos]] aos [[Bizancio|bizantinos]]. Chocou con acoa oposición do patriarca de Constantinopla, [[Miguel Cerulario]] (Kerularios), que a súa vez estaba preocupado por uniformalos nos dominios de Constantinopla. Seguiu un intercambio de cartas desgraciadas nas que se subliñaba o [[Ecumenismo]] do patriarcado constantinopolitano, á par que o Emperador bizantino [[Constantino IX (Emperador bizantino)|Constantino IX]] era partidario dunha alianza con Roma e desexaba a conciliación.
 
O Papa [[León IX]] enviou a Constantinopla os [[legado]]s [[Humbert de Moyenmoûtier]], [[Frédéric de Lorraine]] (máis tarde Papa co nome de [[Estevo IX, papa|Estevo IX]]) e [[Pierre d'Amalfi]]. Humbert e Miguel Cerulario manteñen susceptibilidades mutuas. O debate tornouse un intercambio de insultos francamente inxuriosos. Humbert subliña o problema do ''filioque''. O [[16 de xullo]] de [[1054]], Humbert e os outros legados depositan a bula de [[excomuñón]] contra Cerulario sobre o altar da catedral de [[Hagia Sophia|Santa Sofía]], saen e sacoden o po do seu calzado. Isto semella unha alusión a unha pasaxe do [[Evanxeo de San Lucas]] (9:6): « ''E, se as xentes non vos reciben, saíde desa cidade e sacudídevos o po dos pes, en testemuña contra eles'' ». O 24 de xullo, o [[sínodo]] permanente bizantino replica botando un [[anatema]] contra os legados. O Papa non foi posto en cuestión. O asunto non foi tomado demasiado en serio na época, a pesar da [[excomuñón]], algúns anos despois, contra o Emperador [[Aleixo I Comneno]], por outra parte levantada polo Papa [[Urbano II, papa|Urbano II]].
 
Será a partir do [[século XII]] cando o asunto se acedou coincidindo con ascoas [[Cruzada]]s e o declinar do Imperio bizantino e medran as rivalidades entre os Estados occidentais. O saqueo de Constantinopla, durante a [[Cuarta Cruzada]], en [[1204]], sería o acontecemento determinante.
 
[[Categoría:Historia do cristianismo]]