Extinción: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 1:
En [[bioloxía]], '''extinción''' é a desaparición de todos os individuos dunha [[especie]] ou [[Xénero (bioloxía)|xénero]]. Pode considérase unha especie como extinta unha especie a partir do intre en que morre o seu último [[individuo]], inda que de facto pode estalo desde que a [[Poboación (bioloxía)|comunidade]] perdeu a capacidade de [[reprodución]] ou recuperación.
 
Debido a que o seu rango de distribución potencial pode ser moi grande, determinar ese momento pode non ser doado, polo que decote faise en [[retrospectiva]]. Estas dificultades poden conducir a fenómenos como o [[taxon Lazarus]], no que unha especie que se presumía extinta reaparece tras un período de aparente ausencia. No caso de especies que se [[Reprodución sexual|reproducen sexualmente]], a extinción é xeralmente inevitábel cando só queda un individuo da especie ou unicamente individuos do mesmo sexo.