Contido eliminado Contido engadido
Chabi (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 432:
 
Grazas polo cumprido, pero, a verdade, é que para traducir un artigo, cómome a cabeza unha chea. Ao final, como simpre, a ollo, aver se acerto e fixándome no portugués. A verdade, é unha pena que non saiba falar ben galego, porque os meus devanceiros eran da terra de Breogán. --[[User:Chabi|Chabi]] 18:57, 11 setembro 2007 (UTC)
 
== delfínidos e golfiño: cousas distintas ==
 
Vexo que creaches [[delfínidos]], en plural, redirixido a [[golfiño]]. Tamén [[golfiños]] coa mesma redireccíón. Non entendo eses plurais, que rompen as normas de títulos que utilizabamos -a non ser que cambiaran- e que, aínda por riba van da-lo traballo engadido de comproba-lo resto dos artigos a ver se os seus enlaces internos ían dirixidos ó singular (ou arriscarse a rompe-los enlaces).
 
Outro tema maior é que non é o mesmo '''delfínido''' que '''golfiño'''. Aquel é nome colectivo de cetáceos con dentes (golfiño, arroaz, candorca, caldeirón, toniña, etc.) e este é nome dun grupo particular de pequenos cetáceos con dentes, entre os que ninguén incluiría, por exemplo a candorca ou o caldeirón. É máis: a entrada '''golfiño''' terá que desaparecer (ou reconverterse naquel '''delfínido''' colectivo) cando se creen artigos coma golfiño común, golfiño riscado, golfiño de flancos brancos, e moitas especies máis, que esixirán entrada propia.
 
Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] 16:24, 12 setembro 2007 (UTC)