Olga Novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 17:
Licenciada en [[Filoloxía]] Galega pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], foi profesora de bacharelato en varios institutos de [[Galicia]], e despois de [[Lingua galega|galego]] na [[Universidade da Alta Bretaña]] en [[Rennes]], e de literatura na [[Universidade Bretaña Sur]], en [[Lorient]].
 
Como poeta, deuse a coñecer con tres poemarios: ''A teta sobre o sol'' ([[1996]]), ''Nós nus'' ([[1997]]) e ''A cousa vermella'' ([[2004]]). Tamén publicou un libro de arte compartido coa pintora [[Alexandra Domínguez]] e o poeta [[Xoán Abeleira]], titulado ''Magnalia'', e numerosos poemas en antoloxías, libros colectivos, revistas (''[[Festa da Palabra Silenciada]]'', ''[[Dorna (revista)|Dorna]]'', ''[[Xistral (revista)|Xistral]]'') e xornais (''[[El País]]'', ''[[ABC (xornal)|ABC]]'').
 
Formou parte dos comités de redacción das revistas ''[[Ólisbos]]'', ''[[Animal (revista)|Animal]]'' e ''[[Valdeleite]]'', e segue a facelo de ''[[Unión Libre]]'' desde a súa fundación.