Xasón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Os Argonautas: Arranxos varios
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxou por guindou (arroxar:https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar)
Liña 17:
Superado este obstáculo, chegaron á Cólquida. Xasón anunciou o seu propósito ao seu rei Eetes. Este díxolle que lle deixaría ir co [[vélaro de ouro]] se antes daba xunguido aos dous touros que o custodiaban, arar un campo con eles, botar sobre os sucos uns dentes que entregara [[Atenea]] ao rei e logo vencer a unha serpe que nunca durmía e que permanecía a carón da árbore onde se achaba o vélaro. [[Medea]], a filla do rei Eetes, que era feiticeira, namorouse apaixonadamente de Xasón e axudou a este a levar a bo termo a súa fazaña (previo compromiso de Xasón de levala consigo a Yolcos), pondo en práctica a súa bruxaría.
 
Deu a Xasón unha apócema máxica para que non lle fixesen dano os touros monstruosos. Unha vez que deu xunguido aos touros, lanzou os dentes sobre os sucos feitos na terra. Deles brotaron centos de homes armados que se lanzaron contra o heroe, pero este, seguindo as instrucións de Medea, arroxouguindou unha pedra entre eles e os exércitos enfrontáronse entre si. Logo, Medea provocou un terrible soño á serpe, Xasón apoderouse da prezada pel e fuxiu cos seus homes, con Medea e co irmán desta, [[Apsirto]], na súa embarcación. Os homes de Eetes perseguiron á nave e Medea matou a seu irmán, esnaquizouno e botouno ao mar. O rei Eetes recolleu os restos do seu fillo e perdeu de vista aos Argonautas.
 
Logo disto, os Argonautas emprenderon o regreso sorteando diversos perigos: tempestades, o asedio das [[Serea]]s, o ataque dos monstros [[Escila]] e [[Caribdis]]. Finalmente chegaron a Yolcos. Alí Pelias recibiu de Xasón o vélaro e logo morreu, nas mans das súas propias fillas, debido a unha artimaña de Medea. Entón Xasón e Medea fuxiron a [[Corinto]]. Tiveron dous fillos. Pero máis tarde Xasón repudiou á súa muller para casar con [[Glauca]], filla do rei de Corinto. Medea, para se vingar, acabou coa vida de Glauca e coa dos fillos que tivera con Xasón.