América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Industria: texto traducido desde a wiki .ca:Amèrica_del_Nord#Indústria
Breogan2008 (conversa | contribucións)
RAG precolombiano
Liña 60:
 
[[Groenlandia]] foi a primeira rexión do continente á que chegaron os europeos. De acordo coas [[sagas de islandeses|sagas islandesas]], [[Erik o Roxo]] explorou e colonizou a illa por primeira vez. O primeiro europeo que divisou unha parte da terra firme continental foi probablemente [[Bjarni Herjólfsson]], un comerciante [[Islandia|islandés]] que viu a liña de costa ao redor do ano [[986]].<ref>[http://www.thecanadianencyclopedia.com/en/article/bjarni-herjolfsson/ The Canadian Encyclopedia] (en inglés)</ref> Despois, [[Leif Eriksson]], o fillo de [[Erik o Roxo]], realizou unha viaxe a unha terra que chamou [[Vinland]] ou terra do Viño, e que, talvez, era algún lugar entre [[Labrador]] e [[Nova Inglaterra]] .<ref>[http://www.mnc.net/norway/ericson.htm Leif Ericson - Columbus 'Predecesor by Nearly 500 Years] (en inglés)</ref> Este relato foi verificado en parte grazas ao descubrimento en [[1963]] dun emprazamento de tipo [[viquingo]] en [[L'Anse aux Meadows]] (actual parque nacional histórico declarado [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[UNESCO]] en [[1978]]), preto da punta meridional de [[Terra Nova]]. Determinouse que as ruínas databan do ano [[1000]] aproximadamente.<ref>[Http://whc.unesco.org/en/list/4 UNESCO] (en inglés)</ref>
=== Era precolombinaprecolombiana ===
Os [[Antropoloxía|antropólogos]] teñen diversas teorías achega da orixe das [[Poboamento de América|primeiras poboacións]] que se estableceron en América do Norte. Os pobos indíxenas teñen toda unha serie de mitos cos que intentan explicar que xa estaban establecidos nesta terra desde que se creou. O consenso é que os indíxenas norteamericanos chegaron por primeira vez desde [[Asia]] durante a última [[Idade do xeo]], moi probablemente a través da [[Berinxia|ponte terrestre de Bering]], e posiblemente tamén, con barcos primitivos.
 
[[América precolombinaprecolombiana|Antes do contacto cos europeos]], os pobos indíxenas de América do Norte dividíanse en múltiples entidades políticas, desde pequenos grupos dunhas poucas familias a grandes imperios. Vivían en varias áreas culturais que se correspondían en grandes liñas coas distintas zonas xeográficas e biolóxicas que ocupaban e que dan unha boa idea dos distintos usos e costumes da xente que vivían alí (por exemplo, os cazadores de [[bisonte]]s das [[Grandes Planicies|Grandes Chairas]], ou os agricultores de [[América Central|Mesoamérica]]). A estes grupos indíxenas tamén se lles pode clasificar pola súa [[Linguas indíxenas de América|familia de linguas]] (por exemplo, a [[linguas atapascanas|atapascana]] ou a [[linguas uto-aztecas|uto-azteca]]), aínda que é importante ter en conta que as persoas con linguas da mesma familia non sempre compartían a mesma cultura material, nin sequera foron sempre aliados.
 
Os antropólogos creen que os [[inuit]] do [[Ártico]] chegaron a América do Norte moito máis tarde que outros grupos indíxenas, como o demostra a desaparición das ferramentas da [[cultura Dorset]], segundo os [[rexistro arqueolóxico|rexistros arqueolóxicos]], e a súa substitución polas do pobo [[Thule]]. É posible que en Norteamérica houbese varios pobos entre os seus primeiros poboadores.<ref>{{Cita publicación periódica|url=http://www.sciencemag.org/cgi/content/summary/280/5361/191 |título=Anthropology: Kennewick Man's Contemporaries |revista=[[Science]] |data=abril 1998 |lingua=inglés |dataacceso=19/07/2014}}</ref> A evidencia máis coñecida que apoia esta teoría é o achado do [[Home de Kennewick]].<ref>{{cita novas|url=http://www.sciencedaily.com/releases/2006/04/060425183740.htm |título=Kennewick Man Skeletal Find May Revolutionalize Continent's History |editor=Science Daily |data=abril 2006 |lingua=inglés |dataacceso=19/07/2014}}</ref>