Exfoliación (mineraloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 4:
Denomínase '''exfoliación''' á rotura dun [[mineral]] paralelamente a unha cara (real ou posíbel) do [[cristal]]. Tal cara correponde a planos reticulares de maior densidade de nós, mentres que o conxunto de ditos planos están unidos entre si por [[Enlace químico|enlaces]] máis débiles.{{sfn|Díaz G.-Mauriño|1991|p= 197}}
 
Estes planos de debilidade relativa son o resultado dos lugares regulares dos [[átomo]]s e [[ión]]s no cristal (ver [[Redes de Bravais]]), que crean fracturas de superficies planas repetidas que son visíbeis tanto no microscopio como a simple vista.{{sfn|Hurlbut|Klein|1985}}
 
Para moitos [[autoridade|autores]], a exfoliación non é exclusiva dos materiais cristalinos. Por exemplo, o proceso de exfoliación produce a separación, nunha rocha grande, de placas curvas a maneira de laxes.<ref>[http://artemisa.unicauca.edu.co/~hdulica/t_geomorfologia.pdf Geomorfología Fluvial] Universidad del Cauca. Colombia.</ref>
 
== Cualificativos ==
Liña 14:
*'''boa''',
*'''manifesta''',
*'''imperfecta''', etc.
 
== Tipos de exfoliación ==
Liña 22:
[[Ficheiro:Biotita1.jpeg|miniatura|300px|[[Biotita]] con exfoliación basal.]]
* '''Exfoliación basal''' ou fendedura pinacoidal. É a que se produce en paralelo á base dun cristal. Esta orientación vén dada polo plano {001} na rede cristalina, e é o mesmo plano que o {0001} nos índices de Miller-Bravais, que moitas veces son utilizados para cristais romboédricos e hexagonais. A exfoliación basal preséntase no grupo da [[mica]] e no [[grafito]].
 
* '''Exfoliación cúbica'''. Prodúcese en paralelo ás caras dun cubo de cristal cunha simetría cúbica. Esta orientación está dada polo plano {001} na rede cristalina. Esta é a fonte da forma cúbica vista nos cristais de [[halita]]. A [[galena]] tamén exhibe tipicamente exfoliación cúbica perfecta.
 
* '''Exfoliación octaédrica'''. Ocorre formando formas octaédricas dun cristal con simetría cúbica. Esta orientación vén dada polo plano {111} na rede cristalina. O [[diamante]] e a [[fluorita]] exhiben exfoliación octaédrica perfecta. A exfoliación octaédrica vese nos [[semiconductor]]es comúns. Para cristais de menor simetría, haberá un menor número de planos {111}.
 
* '''Exfoliación dodecaédrica'''. Prodúcese formando dodecaedros dun cristal con simetría cúbica. Esta orientación está dada polo plano {110} na rede cristalina. Para cristais de menor simetría, haberá un menor número de planos {110}.
 
* '''Exfoliación romboédrica'''. Ocorre paralela ás caras {10<u style="text-decoration:overline">1</u>1} dun [[romboedro]]. A [[calcita]] e outros [[carbonato]]s exhiben exfoliación romboédrica perfecta.
 
* '''Exfoliación prismática'''. É paralela a un [[Prisma (xeometría)|prisma]] vertical {110}. A [[cerusita]], a [[tremolita]] e a [[espodumena]] exhiben exfoliación prismática.