Lingua mirandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 34:
O mirandés ten unha fonoloxía, morfoloxía e sintaxe distinta, e foi diferenciada polo menos dende a formación do Portugal ([[século XII]]). Ten as súas raíces do latín falado no norte da [[Península Ibérica]]. É un descendente da antiga lingua leonesa do norte da Iberia, o derradeiro remanente da antiga lingua do [[Reino de León]], e atópase fortemente ligado á [[lingua leonesa|lingua leonesa moderna]] e á [[lingua asturiana]]. Porén, estas amálgamas do territorio español non afectaron o mirandés, o cal preserva distintas diferenzas lingüísticas tanto do portugués como do castelán. Tamén mantén unha forte ligazón co léxico dalgúns dialectos rexionais portugueses.
 
No [[século XIX]], [[José Leite de Vasconcelos]], describiuno como ''«a lingua das granxas, do traballo, do fogar e do amor entre os mirandeses''». Dende 1986/87 a lingua ensínase aos estudantes entre os dez e once anos de idade, voltandovolvendo así a rexurdir.
 
Hoxe en día o mirandés retén pouco máis de 5.000 falantes (podéndose elevar o número até os 15.000 se contamos aos que a teñen como segunda lingua) nas aldeas do concello de Miranda do Douro e nalgunhas aldeas orientais no concello de Vimioso, aínda que se pode atopar influencia noutras aldeas do concello de Vimioso e nos Concellos de Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e máis Braganza.
 
As principais diferenzas entre o mirandés ([[Portugal]]) e a [[lingua leonesa]] e [[Lingua asturiana|asturiana]] ([[España]]) producíronse pola influencia da lingua dominante da rexión. O mirandés foi influenciado foneticamente e no seu léxico polo [[lingua portuguesa|portugués]], así como o leonés e o asturiano o foron polo [[lingua castelá|castelán]]. Outra diferenza é que o mirandés e o leonés semellan ser moi conservadores, mentres o asturiano experimentou máis cambios. Estas linguas afírmanse como altamente relacionadas (especialmente o mirandés e o leonés, chamadas incluso co-linguas), sendo sen ningunha dúbida a mesma lingua no pasado.
 
== As súas variantes dialectais ==