Diccionario bio-bibliográfico de escritores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 38:
Se ben a obra foi escrita e publicada durante o [[franquismo]], época na que existía a [[censura]], é relevante a desviación na escolla dos autores e autoras, así como das obras mencionadas. Cid Fernández entende que Couceiro Freijomil tiña unha postura controvertida respecto ao [[nacionalismo galego]], negando as contribucións políticas e limitándoo á corrente cultural do rexionalismo, cunha visión idealizada dos sentimentos de "amor á terra"<ref>{{Versaleta|[[Xosé Manuel Cid Fernández|Cid Fernández, X. M.]]}} (1982): "Postura controvertida de A. Couceiro Freijomil ante o rexurdimento e extensión da conciencia nacionalista (1916-1936)", en ''Boletín Auriense'' nº 12, páx. 275-297.</ref> Segundo Miguélez Carballeira, o propósito do ''Diccionario Bio-bibliográfico de escritores'' era "restaurar durante a ditadura fascista os discursos coloniais de pré-guerra sobre a Galiza"<ref>{{Versaleta|[[Helena Miguélez Carballeira|Miguélez Carballeira, H.]]}} (2014): ''Galiza, um povo sentimental?''. Santiago de Compostela, AGAL. Páx. 49.</ref>, "os valores da identidade galega, mansa e sentimental, do velho regionalismo"<ref>{{Versaleta|[[Helena Miguélez Carballeira|Miguélez Carballeira, H.]]}} (2014): ''Galiza, um povo sentimental?''. Santiago de Compostela, AGAL. Páx. 152.</ref>. Xa na súa obra ''El idioma gallego'' (1935) Couceiro Freijomil amósase contrario a mencionar os poetas de [[vangarda]] galegos, sinalando un cisma entre "la Galicia ''saudosa''" e "la de los vates rebeldes"<ref>{{Versaleta|Couceiro Freijomil, A.}} (1935): ''El idioma gallego''. Páx. 441.</ref>
 
Omítense obras de [[Castelao]] como ''[[Sempre en Galiza]]'', e cualifícase como ''defecto'' o anticlericalismo de [[Curros Enríquez]] na obra ''[[O divino sainete]]''. De [[Darío Álvarez Limeses]], [[Alexandre Bóveda]], [[Roberto Blanco Torres]], [[Johán Carballeira]] ou [[Manuel Lustres Rivas]] entre outros dise que morreron ''por consecuencia de los sucesos nacionales''. De autores que tiveron que [[Exilio|exiliarse]] como [[Basilio Álvarez]] ou [[Gerardo Álvarez Gallego]] dise que ''[[Emigración|emigraron]]''.
 
Non obstante, inclúese autores que deixaron escritos non só de carácter literario, senón de calquera outro tipo, xa for sobre teoloxía, xurisdición, ou medicina. Inclúense personalidades relixiosas -especialmente da [[Orde franciscana]]- que non chegaron a escribir ren, como [[Sancho de Figueroa Andrade]] ou [[García Blanes]]. Mesmo aparece incluído o propio [[Francisco Franco]], destacando a súa carreira militar e política.