Formiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Apocrita; engado a Categoría:Formicidae mediante HotCat
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 107:
As formigas aparecen a miúdo en fábulas e contos para nenos, representando o traballo intenso e o esforzo cooperativo. Tamén son nomeadas en textos relixiosos.<ref>{{cita libro|título=Quran 27:18–19|url=http://www.wright-house.com/religions/islam/Quran/27-ant.html}}</ref><ref>{{cita libro|título=Sahih Bukhari, Vol 4, Book 54, Number 536|url=http://www.usc.edu/dept/MSA/fundamentals/hadithsunnah/bukhari/054.sbt.html}}</ref> No libro de [[Proverbios]] da [[Biblia]], as formigas son utilizadas como bo exemplo polo seu traballo duro e a súa cooperación. [[Esopo]] fai o mesmo na súa fábula ''[[A cigarra e a formiga]]''. En certa partes de África, as formigas son consideradas mensaxeiras dos deuses. Tamén se cre que as trabadelas de formiga teñen propiedades medicinais, en concreto dise que a dalgunhas especies de ''[[Pseudomyrmex]]'' quita a febre.<ref>{{cita publicación periódica|autor=Balee WL|título=Antiquity of traditional ethnobiological knowledge in Amazonia: The Tupi-Guarani family and time|revista=Ethnohistory|ano=2000|volume=47|número=2|páxinas=pp. 399–422|doi=10.1215/00141801-47-2-399}}</ref>
 
Nalgúns mitos amerindios, como o dos [[Pobo hopi|hopi]], as formigas son consideradas como os primeiros animais de todos. Outros grupos empregan as trabadelas de formiga como proba de resistencia en ritos de iniciación.<ref>{{cita libro|autores=Cesard N, Deturche J, Erikson P|título=Les Insectes dans les pratiques médicinales et rituelles d'Amazonie indigène|ano=2003|páxinas=pp. 395–406|editor=Motte-Florac, E. & J. M. C. Thomas}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|autor=Schmidt RJ|título=The super-nettles: a dermatologist's guide to ants in the plants|revista=International Journal of Dermatology|ano=1985|volume=24|número=4|páxinas=pp. 204–210|doi=10.1111/j.1365-4362.1985.tb05760.x}}</ref>
 
A palabra [[lingua xaponesa|xaponesa]] para dicir "formiga", ''ari'', é representada por un ideograma formado polo carácter "insecto" xunto co carácter "rectitude moral". Deste xeito, este ideograma poderíase ler como "insecto de moral recta".<ref>{{cita libro|autor=Hearn L|título=Kwaidan: Stories and studies Of strange things|editorial=Tuttle publishing (2005 reprint)|ano=1904|isbn=0804836620|páxinas=pp. 223}}</ref>