Francisco Fernández del Riego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 38:
}}
'''Francisco Fernández del Riego''', nado no lugar de [[Vilanova, Lourenzá, Lourenzá|Vilanova de Lourenzá]] ([[Lourenzá]]) o [[7 de xaneiro]] de [[1913]], e finado en [[Vigo]] o [[26 de novembro]] de [[2010]] ós 97 anos<ref>[http://diariodepontevedra.galiciae.com/pdf_files/27112010compendio_3.pdf Portada do Diario de Pontevedra: Adeus a Francisco Fernández del Riego]</ref>, foi un intelectual [[Galiza|galego]]. Escribiu cos [[pseudónimo]]s de '''Salvador Lorenzana''' e '''Cosme Barreiros'''. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
{{Cita centrada|A cultura non se pode politizar seitariamente, perténcelle ao país, que se interpreta a través dela.<ref>{{Versaleta|Carballa}}, Xan: [http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Queimamos/vida/defender/cultura/do/pais/elpepuespgal/20070126elpgal_20/Tes ""Queimamos a vida en defender a cultura do país"] ''[[El País]]'', 26/1/2007.</ref>}}
Foi un dos principais artífices da [[editorial Galaxia]] e director xunto a [[Ramón Piñeiro]] da [[Grial (revista)|revista Grial]] nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do [[grupo Nós]].