Lingua materna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 7:
== Importancia ==
[[Ficheiro:Int-mother-lang-day-monument.jpg|miniatura|esquerda|250px|Monumento adicado á lingua materna en [[Sydney]].]]
A lingua materna dun neno forma parte da súa [[Identidade cultural|identidade]] persoal, social e cultural. Ademais, a lingua materna achega a reflexión e a aprendizaxe de patróns sociais exitosos de actuación e fala.<ref>{{cita web |url=http://www-psych.stanford.edu/~lera/papers/mandarin.pdf |título=Archived copy |dataacceso=17 de setembro de 2013 |deadurl=yes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20130510152648/http://www-psych.stanford.edu/~lera/papers/mandarin.pdf |archivedate=10 de maio 2013 |df=dmy-all }}</ref> É basicamente responsable de diferenciar a competencia lingüística da actuación. Mentres existen estudosos que argumentan que non existe tal cousa como a "lingua nativa" ou "lingua nai," é importante comprender os termos clave e entender o que significa ser un falabte "non nativo" e as implicacións que pode ter na vida. As investigacións suxiren que, aínda que un orador non nativo poida desenvolver fluidez nunha lingua específica despois de dous anos de inmersión, pode levar entre cinco e sete anos que un neno teña o mesmo nivel de fala que os seus homólogos. Isto ten implicacións na educación dos falantes non nativos.<ref>Second Language Acquisition Essential Information: Professor J. Cumminshttp://esl.fis.edu/teachers/support/cummin.htm</ref>
 
O tema do falante nativo tamén dá lugar a unha discusión sobre o que é exactamente o [[bilingüismo]]. Unha definición é que unha persoa é bilingüe por ser igualmente competente en ámbalas linguas. Unha persoa que crece falando inglés e comeza a aprender francés por catro anos non é necesariamente bilingüe, a menos que fale as dúas linguas con igual fluidez. Pearl e Lambert foron os primeiros en estudar os bilingües “equilibrados”, o que quere dicir que un neno é competente nas dúas linguas e sinte que ningunha delas é “nativa” porque entenden perfectamente as dúas. Este estudo descubriu o seguinte: os bilingües equilibrados funcionan de xeito significativamente mellor en tarefas que requiren flexibilidade (cambian constantemente entre as dúas linguas coñecidos en función da situación / require un malabarismo constante) e son máis conscientes da natureza arbitraria da lingua e elixen asociacións de palabras baseadas en preferencias lóxicas e non fonéticas.<ref>{{cita web|url=http://www.alsintl.com/blog/language-proficiency/ |título=Language Proficiency: Defining Levels Avoids Confusion |editorial=Alsintl.com |data=26 de agosto de 2013 |dataacceso=13 de novembro de 2013}}</ref><ref>[http://faculty.ucmerced.edu/khakuta/research/publications/(1985)%20-%20THE%20RELATIONSHIP%20BETWEEN%20DEGREE%20OF%20BILINGUALISM%20AND.pdf faculty.ucmerced.edu]</ref>