Alejandro Rodríguez Cadarso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
== Traxectoria ==
Alejandro Rodríguez Cadarso naceu nunha familia burguesa. O seu pai era o doutor [[Santiago de Compostela|santiagués]] Jesús María Rodríguez Vázquez, e a súa nai era Manuela Cadarso Ronquete, que era ó mesmo tempo sobriña carnal do capitán noiés [[Luis Cadarso Rey]], que finou na batalla de [[Cavite]] ([[Filipinas]]) na [[Guerra Hispano-Estadounidense|Guerra hispano-estadounidense]] en [[1898]]. Casou en [[1911]] e tivo numerosa descendencia.
[[Ficheiro:Deputados galegos de 1931. Entre outros Suárez Picallo (o primeiro pola esquerda), Rodríguez Cadarso, Castelao, NóvoaJosé SantosSánchez Rojas, Vilar Ponte e Otero Pedrayo.jpg|miniatura|300px|Deputados galegos de 1931. [[Ramón Suárez Picallo]], [[Daniel Vázquez Campo|Daniel Vázquez]], Rodríguez Cadarso, [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Roberto Nóvoa|Nóvoa Santos]], [[Antón Villar Ponte]], [[Joaquín Poza Juncal|Poza Juncal]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]] e [[Antón Alonso Ríos]].]]
En 1916 obtivo a Cátedra de Técnica Anatómica da [[Universidade de Sevilla]] e a de Anatomía Descritiva na Universidade de Santiago<ref>Bugallo, Ánxela ([2012]) [http://culturagalega.gal/albumdaciencia/detalle.php?id=255 "Alejandro Rodríguez Cadarso. O impulsor da modernización científica e educativa da Universidade"] [[CCG]].</ref>. En [[1925]] publicou un estudo sobre a [[arteria carótide]] no ''[[Journal of Anatomy]]''<ref>[http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?artid=1249919 "A Rare Case of Tortuosity of the Internal Carotid Artery"], publicado no ''[[Jornal of Anatomy]]''.</ref>. Fundou o [[Instituto de Estudios Portugueses]] e foi vicerreitor da Universidade de Santiago desde o [[4 de novembro]] de [[1929]] e reitor desde o [[29 de marzo]] de [[1930]]<ref>Antón Capelán Rey, ''Contra a Casa da Troia'', 1994, páx. 101</ref>, deputado (1931-1933) pola [[ORGA]], caracterizouse polo seu apoio á autonomía de Galicia. Como reitor pretendeu ligar a Universidade coa cultura galega e coa sociedade galega en xeral, favorecendo a súa modernización<ref>Baldomero Cores Trasmonte, ''Ciencia e galeguidade na II República'', 1989, páx. 205</ref>, e desenvolveu a Residencia de Estudantes (un dos colexios maiores leva o seu nome, o [[Colexio Maior Rodríguez Cadarso|CM Rodríguez Cadarso]]) e o Campus Sur <ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/10/08/3094894.shtml "Agrelo calificó a Rodríguez Cadarso de hombre conciliador y luchador"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', [[8 de outubro]] de [[2004]].</ref>.