Moldavia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎Notas: Estilo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 66:
Cando a Unión Soviética desapareceu, en agosto de [[1991]], Moldavia proclamouse independendente converténdose en membro da [[Comunidade de Estados Independentes]] en [[decembro]] dese mesmo ano, ó igual cá maioría das anteriores repúblicas soviéticas. Nun principio houbo un movemento pro-reunificación con Romanía, pero un [[referendo]] en [[marzo]] de [[1994]] recibiu unha enorme maioría de votos a favor da conservación da independencia.
 
Ese mesmo ano, a nova [[Constitución de Moldavia]], en vistas de acomodar ás minorías [[Pobo ruso|rusa]], [[Pobo ucraíno|ucraína]] e [[Pobo gagauz|gagauz]]a, recoñece a creación das súas propias entidades territoriais dentro da estrutura nacional da República de Moldavia, permitindo a creación de organismos lexislativos propios, goberno e competencias [[lingüística]]s. Do mesmo modo, permitíase para estes territorios a [[Secesión (política)|secesión]] se Moldavia se unise a Romanía.
 
As eleccións presidenciais de [[1996]] resultaron propicias para os agrarios e os [[Socialismo|socialistas]], principais partidos da esquerda moldava, e [[Petro Lucinschi]] foi nomeado Presidente da República, cun 54 por cento dos votos. Dende o principio do seu mandato, Lucinschi tratou de soluciona-lo problema, xa endémico, de Transnistria, achegando posicións coa Federación Rusa. Así a todo, as conversas entre os nacionalistas de Transnistria e os representantes da República de Moldavia continúan sendo intermitentes e pouco produtivas, pese ó amplo grao de [[autogoberno|autonomía]] que o Estado moldavo outorgou a este territorio.